Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

Actimel, Benecol, Proactiv, Vivesoy… Cada un deles contén unha ou varias substancias engadidas con algún tipo de efecto saudable sobre o organismo. Que hai de certo nisto? Pois depende do produto, pero en xeral as súas alegacións son, simplemente, esaxeradas. Compróbeo vostede mesmo.

“Axuda a regular o nivel de colesterol”, “facilita o tránsito intestinal”, “fortalece os ósos”… Estas atractivas mensaxes son moeda corrente nos estantes dos supermercados. Corresponden aos alimentos funcionais; produtos que se caracterizan por contar con algunha substancia engadida que pode ter efectos saudables sobre o organismo, como os minerais, as vitaminas, os antioxidantes, os aminoácidos, os ácidos graxos, a fibra, etc. Véndense nos mercados, pero hai quen defende que o seu sitio é a farmacia.  A diferenza principal cos medicamentos é que non teñen, en teoría, efectos secundarios e que non levan prospecto. Pero si necesitan acompañarse dun manual de uso que indique a cantidade que se debe consumir para que resulte real o efecto saudable ao que aluden.

O xoves 27 de novembro estivo no noso IES Xurxo Souto. Xurxo falaunos do panorama musical galego e presentou o CD recompilatorio que fixemos desde o ENDL: Os quinse máis votados. Aproveitando a súa visita algunhas alumnas de 4º ESO fixémoslle a entrevista que segue:

Dous premios Nobel participan no programa de divulgación científica ConCiencia organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

O xadrez ten a súa orixe na India, máis concretamente no val do Indo, e data do século VI d.C. Orixinalmente coñecido como Chaturanga, o xogo do exército, difundiuse rapidamente polas rutas comerciais, chegou a Persia, e desde alí ó Imperio bizantino, estendéndose posteriormente por toda Asia. O mundo árabe estudou e analizou en profundidade os mecanismos do xogo, escribiu numerosos tratados sobre o xadrez e desenvolveu o sistema de notación alxébrica.


O sangue é a vida!”. Así se expresaba con cara de poucos amigos un veludo Drácula na película de Francis Ford Coppola, de 1992, probablemente a máis fiel adaptación da obra orixinal de Bram Stoker, escrita en 1897. De feito, é máis que posible que a pantasma do vello Stoker saloucase ruidosamente ao ver a meirande parte de versións que Hollywood perpetrou sobre a tenebrosa vida da súa personaxe transilvana. Porén, as historias de vampiros comezaron moito antes desta obra, no imaxinario popular, e con maior ou menor nivel de lenda, ata o punto en que os contos de vampiros foron os protagonistas das reunións nocturnas xunto ao lume durante séculos. O motivo? De entre todas as opcións máis ou menos morbosas que se nos ocorran, unha sobresae de forma clara: a gran fascinación que provoca o sangue. Se este fluído corporal fora transparente, ou lixeiramente opaco, como un vaso de leite augado, é moi posible que non suscitase gran curiosidade fóra do entorno médicos. Pero resulta que o sangue ten como gran peculiaridade que é enormemente escandaloso. A súa cor  vermella intensa, cando está osixenado, é tan característica que exerce un poderoso embruxo naquel que a observa. Se algún dos lectores é afeccionado ou afeccionada ao cine “gore”, entenderá de forma máis clara -e sanguenta- esa fascinación á que fago referencia. Imos explicar brevemente o seu motivo, así como as funcións primordiais do sangue e o aparato circulatorio en xeral.

Na nosa comunidade dúas das tres plantas de xestión de residuos sólidos urbanos están actualmente saturadas, só os residuos de O Barbanza logran ser tratados. SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente)   a empresa que xestiona  o 80% de todos os residuos urbanos que se producen na nosa comunidade, apila nun  vertedoiro próximo ás súas instalacións máis de dous millóns de toneladas de lixo  xa que non pode tratar todo o que recibe.

A  historia deste castelo reflexa moi ben todos os acontecementos que sucederon en Galicia dende o século XIII ata os nosos días.

Marina comparte con todos nós as súas lembranzas como estudante no IES Felix Muriel.

285 Artigos |   | 1  |   | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.