Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

O politeismo relixioso en Mesopotamia: as claves da relixión: o máis alá. Mitos, ritos, templos e sacerdotes medidores.

Descubrín que fora polo nome dun señor, Comenius, o pai da pedagoxía…

Lede, lede…

 O martes 15 de decembro Tania Rodríguez e unha servidora, Ester Domínguez, de 2º BAC C achegámonos ao centro sobre as catro e media da tarde para montar o posto de venta do Comercio Xusto. Os produtos, de moi primeira calidade, xa chegaran e era preciso ordenalos, colgar os carteis, saber os prezos…

            Ola compañeiras e compañeiros!

             http://www.redeiras.blogspot.com/

           Invítovos a participar neste proxecto entre centros que comenzamos timidamente o curso pasado dende o Endl de Aguiño e ò que este ano xa se sumaron moitos centros. é un poemario experimental onde cada centro (a nivel de titoria, a nivel de ciclo, dende o endl…) fai un poema e o colga neste blogue, ou se ten dificultades o envia o meu correo e eu llo colgo. a temática dos poemas é totalmente libre.non hai presa asi que podedes enviar cando o desexedes os poemas.

 

O día 20 de novembro quedou institucionalizado como Día Internacional
dos Dereitos do Neno, o Día Universal da Infancia. É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita protección, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido dondequeira que nacera. Un neno é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos teñen o dereito de ir á escola, de recibir coidados médicos, e de alimentarse para garantir o seu desenrolo en todos os aspectos.

Hai que protestar e denunciar. O peor é o silencio: cerrar a páxina e seguir navegando.

 

 

 

Cada 30 segundos alguén morre no mundo por causa dun cancro de pulmón

Hai tres anos que novembro foi elixido como mes para chamar a atención sobre esta devastadora enfermidade.

O lema desta edición é “Ninguén no mundo se merece un cancro de pulmón”

O cancro de pulmón está aumentando entre as mulleres debido ó incremento do tabaquismo no sexo feminino.

……as abellas, as flores, a semente na terra………………….iso está desfasado
SEXAMOS MODERNOS
Un bonito día, un fillo pregúntalle a seu pai:
-Papá, como nacín eu?
-Moi ben fillo , algún dia debiamos falar disto e vouche explicar o que debes saber:
Un día, papá e mamá conectáronse ao Facebook.
Papá mandoulle a mamá un e-mail para vernos nun cíber-café.
Descubrimos que tiñamos moitas cousas en común e entendiámonos moi ben.
Papá e mamá decidimos compartir os nosos arquivos.
Metémonos disimuladamente no W.C. e papá introduciu o seu pendrive no porto USB de mamá.
Cando empezaron a descargarse os arquivos démonos conta de que non tiñamos Firewall.
Xa era moi tarde para cancelar a descarga e imposible borrar os arquivos.
Así que aos nove meses ……………………………… apareceu o virus.

A RETRANCA

Recomendámosvos a lectura da revista bimestral de humor galego “A Retranca” (exemplar de outubro – novembro, Nº 22,).

Nós, Daniel Fernandez Romero e Iván Ferro, fixemos unha escolma daqueles chistes que máis nos gustaron:

Páx 6: Superheroes pais.
Páx 10: Aro a Man.
Páx 24:Superheroes de hoxe.
Páx 36 e 37: Gallinfantescolas..
Páx 44: Cinemas sen subvencións “Malditos Bastardos”.

Non deixedes pasar esta oportunidade de rir a esgalla coa súa lectura.

274 Artigos |   | 1  |   | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.