Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

‘Acción de Verán’ é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros. As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

A Asemblea Xeral da ONU proclamou o 2011 como o Ano Internacional da Química para concienciar ó público sobre as contribucións desa ciencia o benestar da humanidade

O 2011 coincide co centenario do Premio Nobel otrogado a Marie Curie polos súas aportes á química e da función da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. A conmemoración enfatiza a contribución da química como ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esencias da humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.

O 2011 coincide con centenario do Premio Nobel outorgado a Marie Curie polas contribucións á química e a función da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. O director Xeral da Unesco Koïchiro Matssura aceptou a decisión da Asamblea.

Baixo o lema “Chemistry: our life, oue future” (“Química: nosa vida, noso futuro”), os obxectivos desta conmemoración son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta para satisfacer as necesidades da sociedade, promover o interese pola química entre os mozos, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da química.

Na entrada do noso centro contamos cunha exposición composta por 22 paneis que ofrece unha visión amena, divulgativa e didáctica da Química. O contido da exposición ofrece unha primeira visión xeral da química e o seu papel central na ciencia, seguida dun repaso breve das principais aportacións realizadas ao largo da historia. Nun terceiro bloque, adéntrase na química en relación con grandes campos como o medio ambiente, a saúde, a enerxía e a alimentación, relacionando eses campos  coa investigación desenvolvida nos laboratorios españois.

Tamén, no corredor hai unha exposición de libros de química, que podemos votarlle un vistazo, e se queremos os podemos levalos prestados a través da biblioteca.

Non estamos completamente seguros dos compoñentes do tabaco, xa que é un dos poucos produtos non regulados.

 

As  drogas de deseño ou de sínteses son sustancias lixeiramente distintas  na súa estrutura molecular as drogas existentes das que derivan, pero cos mesmos efectos a nivel do Sistema Nervioso Central. Son consumidas cada vez con maior frecuencia pola poboación do noso país e en contra da crenza popular de que son relativamente inocuas ou poco dañinas, a evidencia científica mostra que son sustancias que producen danos cerebrais importantes e que o consumo continuado produce problemas tanto de tipo orgánico como de tipo psicolóxico.

Hai  un cráter na Lúa que leva o seu nome. O mesmo co que foron  bautizadas varias rúas de Lalín, A Coruña, Vigo e Santiago. Son solo algúns dos múltiples homenaxes que recibiu o sacerdote, matemático e astrónomo Ramón María Aller, considerado como o pai da astronomía en Galicia e un dos referentes españois na materia, que acaba de ser distinguido pola Real Academia Galega de Ciencias o dedicarlle o Día do Científico Galego de este ano, unha iniciativa que aspira a converterse nunha celebración de toda a sociedade galega, ao mesmo nivel có Día das Letras Galegas, festa de referencia da cultura na comunidade.

A NASA e un grupo de científicos de EEUU, Xapón e Corea do Sur atoparon algo inesperado cando estudaban un meteorito caído en 1969: un novo mineral, chamado “wasonita”, cunha estrutura inédita até agora na natureza.O anaco de mineral, un dos máis pequenos identificados no

O venres día 11 de marzo pola mañá iniciouse un terremoto sen precedentes, de grao 8.9 na escala de Richter (é un grado calificado como ´´grande´´, que provoca danos en varios centos de kilómetros),  que sacudiu todo Xapón, o cal se viu seguido de numerosas e intensas réplicas e un perigosísimo tsunami que se adentrou ata 14 km na terra, e sumerxiu numerosas poblacións e arrasou outras totalmente. Os desaparecidos e falecidos cóntanse xa por miles e o resto do mundo comezou a evacuar ós seus cidadáns residentes en Xapón. Según datos científicos, o maremoto liberou unha enerxía igual a mil bombas atómicas, suficiente para abastecer durante un ano a todo o mundo.

285 Artigos |   | 1  |   | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.