Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

Efectos que producen as drogas de deseño no organismo:

 * Este tipo de substancias e concretamente o éxtases producen efectos estimulantes e de alteración da percepción (raramente alucinacións) similares aos da anfetamina e mezcalina.
 * Cando se consumen en doses baixas producen unha sensación de euforia, un aumento da autoestima, aumenta a empatía e a capacidade de relacionarse cos demais. En xeral os efectos sucédense en tres fases, unha primeira de desorientación, unha segunda de euforia e unha terceira de esaxerada sociabilidade.
 * Entre os efectos do tipo anfetamínico destacan o aumento da enerxía, a euforia, locuacidade, diminución do sono, diminución do apetito.
 * En canto aos efectos do tipo alucinóxeno destaca o desenvolvemento dunha hipersensibilidade sensorial; prodúcense cambios na percepción subxectiva do tempo (parece que este se alonga) e às veces prodúcense cambios na percepción visual (sen ser verdadeiras alucinacións), como son o aumento de sensibilidade á luz, visión borrosa ou alteración das cores.

A frecuencia do consumo e a dose, condicionan os efectos como droga recreativa; tomar dobre dose non supón experimentar o dobre de efectos aparenemente positivos senón que xeralmente aumentan os efectos negativos.

 Toxicidade

Este tipo de substancias presentan unha gran toxicidade, en moitos casos graves, podendo incluso ser mortal. O risco de efectos adversos é maior ante o consumo de doses masivas.

Os efectos que se producen son:

 * Efectos físicos: taquicardia, boca seca, fatiga, náuseas, tremores.

 * Efectos psíquicos: dificultade de concentración, ansiedade, insomnio, desorientación.

 * Así mesmo existen casos de toxicidade grave (relacionados coa forma de consumo, actividade física esaxerada, ambiente quente e insuficiente inxesta de líquidos) caracterizados por cadros de hipertermia grave, taquicardia, convulsións, etc., os cales poden ter un desenlace fatal.

 * Ademais da toxicidade propia do éxtases, hai que ter en conta a toxicidade das substancias engadidas para adulterar a droga, en moitos casos moi tóxicas, sen esquecer que na síntese clandestina das drogas de deseño utilízanse precursores non controlados que en ocasións son máis tóxicos que a propia droga.

 * As manifestacións psiquiátricas asociadas ao consumo destas substancias son fundamentalmente de tres tipos: trastornos psicóticos, trastornos depresivos e trastornos de ansiedade. Resulta difícil precisar se a droga produce os trastornos en si ou o que fai é desencadear a aparición destes cando existen antecedentes previos; é posible que a existencia de alteracións psiquiátricas preexistentes faga máis vulnerables a determinadas persoas.

 * Un aspecto tamén importante da toxicidade desta substancia é a implicación que teñen na produción de accidentes de tráfico. A influencia das drogas de deseño na capacidade de conducir é marcada, por unha parte polos efectos estimulantes, e en especial polas condutas de risco que se adoptan baixo os seus efectos e por outra polos efectos relacionados coas alteracións da percepción.

 * A toxicidade máis importante ao longo prazo da MDMA é un dos temas de maior interese dende o punto de vista científico e a neurotoxicidade selectiva relacionada co sistema da serotonina de distintos análogos da anfetamina-mescalina e en particular da MDMA ou éxtases e MDA ou píldora do amor. Sábese que se producen graves lesións nas vías serotoninérxicas no Sistema Nervioso Central, ocasionando importantes lesións neurolóxicas

 Síntomas e signos do consumo de drogas

Hai unha serie de signos que cando aparecen poden ser sintomáticos do abuso no consumo de drogas en xeral e que, polo tanto, que tamén poden aplicarse ás drogas de deseño :

 * Perda de apetito
 * Adelgazamento chamativo en pouco tempo
 * Cambios de humor
 * Diminución da capacidade de concentración
 * Pérdida de interese polos amigos ou polos acontecementos sociais
 * Deficiente hixiene persoal
 * Alteracións do sono
 * Depresión
 * Problemas legais
 * Dificultades académicas
 * Perda de emprego
 * Problemas conxugais ou de relación coa parella
 * Cansazo crónico

A bacteria Escherichia coli  é o organismo procariota máis estudado polo home. Trátase dunha bacteria que se atopa xeralmente nos intestinos dos animais, e polo tanto nas augas negras.

Os sete bancos de sangue públicos que gardan unidades de sangue do cordón umbilical en España teñen almacenadas mais de 47 000 un 13% máis que o ano anterior.O ano pasado usáronse 343 para transplantes.

A flota de telescopios espaciais da ESA( European Space Agency)permítenos observar a Galaxia de Andrómeda, tamén coñecida como M31, en diferentes lonxitudes onda. A maior parte destas bandas de frecuencia son invisibles para o ollo humano, pero cada unha delas desvela diferentes aspectos da natureza desta próxima galaxia.A luz visible, a única detectable polos nosos ollos e polos telescopios ópticos en terra, permite observar as estrelas que forman parte da Galaxia de Andrómeda, pero constitúe tan só unha pequena fracción do espectro de radiación electromagnética que nos chega desde a galaxia.

Elemento químico, cuxo símbolo é Rn e o número atómico 86. É o elemento máis pesado do grupo dos gases nobres ou inertes.O radon é unha emanación gasosa produto da desintegración radiactiva do radio. É moi radiactivo e desintégrase coa emisión de partículas enerxéticas alfa. Todos os seus isótopos son radiactivos con vida media curta.

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro, un dos datos que coñecemos da súa vida é que foi un dos afectados pola intoxicación alimentaria que sufriron moitas persoas nos anos oitenta en España.

Durante meses persoas  dedicáronse a vender aceite que non estaba controlado por sanidade, nin sequera tiñan unha etiqueta que informara sobre a composición do produto, a venda era directamente ás persoas das aldeas, como seu prezo era baixo  a xente comprábao, despois de días ou semanas inxerindo este aceite as xentes enfermaban con grandes neumonías atípicas, ata morreren.

Cando se investigou este problema a primeira conclusión foi que o que provocaba isto era que o aceite de colza estaba desnaturalizado, que este aceite estaba mesturado con aceite para motores.

Aínda son moitas persoas as afectadas por este aceite e tamén os seus descendentes sufriron consecuencias na súa saúde.

Aínda que tamén se di que o problema non era iso senón que algunhas investigacións apuntan á compañía farmacéutica Bayer como culpable.., Esta compañía foi investigada e existe científicos que a causa desas morte, afirmando que  teñen que ver co isecticida “Nemacur” utilizado de xeito masivo.

Aínda que isto fose verdade nunca sairía á luz

 

§        CONTO DO GALO QUIRICO QUE QUERÍA IR A VODA DO TÍO PERICO

 

Este conto que vos vou contar vai do galo máis festeiro de todo o galiñeiro. Eche o     conto do galo Quirico que ía para a voda do tío Perico.
Chegouche o día da voda e o noso galo ergueuse moi cedo. Lavouse, arranxou as           plumas… púxose como nunca se puxera! Todo elegante! Daba gusto velo! Pouco a        pouco foise indo pola corredoira que levaba á casa do seu tío Perico.
Cando xa levaba un bo cacho andado viu de súpeto, xusto no medio da corredoira, unha gran bosta de vaca cun verme color rosa enriba. Que delicia! Que apetitoso! E entón   chega a dúbida:
—Pico ou non pico? Se pico vou enlixa-lo pico, e non vou poder ir  á voda do tío Perico. Pero se non pico, coa fame que teño non vou dar chegado á casa do  tío Perico.
Despois de moitas dúbidas non puido resisti-la tentación e picou. Vaia se picou, que  todo o peteiro emporcou! E claro, agora máis dúbidas:
—Que vou facer co peteiro como o teño? Así non podo chegar á casa do tío Perico.
Todo preocupado, cheo de pena e co peteiro cheo de bosta, foi indo ata que chegou a un prado e alí viu á herba. Ó vela, o galo ocorréuselle unha idea:
—Herba, herbiña, límpame o pico que vou para a voda do meu tío Perico!
—Limpo, limpo, pero antes tes que dicirme onde está vermiño.
—Non sei, eu non sei.
Nisto que a herba se pon a berrar:
—Verme! Vermiño! Onde estás?
Tanto berrou que o vermiño que tragara o galo Quirico oíuno.
—Estou aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—Ai, si! Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro! —dixo, toda enfadada, a herba.
O galo seguiu o seu camiño ata que topou cunha ovella.
—Ovella! Ovelliña! Come a herba que non me quixo limpa-lo pico para ir á voda do tío Perico.
—Como, como, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—Verme! Vermiño! Onde estás?
—Aquí, aquí! Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—Ai si! Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
Despois de atravesa-lo prado onde estaba a ovella entrou nun bosque. Alí atopou un lobo.
—Lobo! Lobiño! Come á ovella, que non quere come-la herba, que non me quixo limpa-lo pico para ir á voda do tío Perico.
—Como, como, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—Verme! Vermiño! Onde estás?
—Aquí, aquí! Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—Ai si! Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
O galo seguiu o seu camiño, cada vez máis cabreado, ata que atopou cun gran pau.
—Pau! Pauiño! Pégalle ó lobo, que non quere come-la ovella, que non quere come-la    herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do tío Perico.
—Pego, pego, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
——Verme! Vermiño! Onde estás?
—Aquí, aquí! Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—Ai si! Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
—Que pau máis retorcido! Máis que pau es un garabullo! —díxolle o galo antes de seguir co seu camiño.
Seguiu andando ata que topou cunha gran fogueira.
—Lume! Lumio! Queima o pau, que non quere pegar ó lobo, que non quere come-la      ovella, que non quere come-la herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do   tío Perico.
—Queimo, queimo, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—Verme! Vermiño! Onde estás?
—Aquí, aquí! Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—Ai si! Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
Seguiu andando ata que chegou á ponte da aldea.
—Río! Riíño! Apaga o lume que non quere queima-lo pau, que non quere pegar ó lobo, que non quere come-la ovella, que non quere come-la herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do tío Perico.
—Apago, apago, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—Verme! Vermiño! Onde estás?
—Aquí, aquí! Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda.

 

 

285 Artigos |   | 1  |   | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.