Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

O Premio Fonseca é un premio internacional anual, creado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago, e baixo o amparo do Programa Conciencia, que intenta recoñecer a capacidade de difusión e a chegada ao público xeral no campo da comunicación da ciencia.

A Universidade da Coruña publica o Dicionario de Química, unha nova ferramenta lingüística de máis de 400 páxinas e coa definición de máis de 7.000 termos e apéndices con información complementaria de interese. Con esta obra a Universidade da Coruña fai a súa achega ao Ano Internacional da Química.

Un equipo de astrónomos da Institución Carnegie e a Universidade de California descubriron un novo planeta fora do Sistema Solar que ten un tamaño similar á Terra e que se atopa nunha zona que podería ser habitable. Trátase do Gliese 581g, e está a uns 20 anos luz. Este vídeo explícao brevemente:

O  martes 13 de decembro o físico e Premio Nobel Sheldon Lee Glashow dará unha conferencia ás 20h no Novo Auditorio Novacaixagalicia en Santiago de Compostela co título: “Unha breve historia da física de partículas”, pola mañá terá unha reunión con investigadores da USC.

O pasado mes de novembro ao longo de tres días, o Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) mantivo as súas portas aberta ao público interesado e a preto de 600 escolares de Santiago

Non se atopou a imaxe: C:\Program Files\xampp\htdocs\cmses\wp/wp-content/uploads/Image/images%281%29.jpg

e a súa comarca.

O obxectivo desta iniciativa era transmitir unha visión actual da química e a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, así como a oferta académica da química na USC. Baixo a denominación de ‘Achégate á Química’, esta é unha acción organizada polo propio CIQUS e a Facultade de Química co gallo do Ano Internacional da Química en 2011.

Un grupo de escolares do IES Pontepedriña puxo o broche ao programa de visitas, que se suman ás sesións de portas abertas nas que durante tres días asistentes de todas as idades se entusiasmaron cos experimentos e demostracións exhibidas, ademais os experimentos e demostracións exhibidas permitiron interesar a un público amplo e heteroxéneo por coñecer máis de preto as particularidades da Química e as súas contribucións ao desenvolvemento global, obxectivo principal do Ano Internacional da Química que se celebra en todo o mundo durante 2011.

As actividades coas que se atoparon os visitantes estaban deseñadas para que calquera persoa, teña ou non coñecementos científicos, poida atopalas interesante e incluso sorprendentes.

O tolo de Wurttemberg, poeta de mirada perdida e pluma esquizofrénica, afirmaba: “Nunca comprendín as palabras dos homes, crecín nos brazos dos deuses”.

 

  1. Cantos libros publicou ata o momento?

Varios, e de diferentes temáticas

  1. Cando comezou a súa afección por escribir libros?

Dende moi pequeno, eu era un deses nenos que sempre quería un conto máis. Os vellos da aldea e o meu primeiro mestre tiveron moito que ver, tamén as corredoiras e a lareira onde eu estaba sempre disposto a escoitar. 

Ínchanse e desínchanse  manteñen a súa cor rosácea. Ata aí como calquera pulmón san, pero nesta ocasión están fora do corpo. O Hospital Puerta de Hierro presentou o 30 de marzo do 2011  o primeiro equipo de transplante pulmonar que permite tranportar estes órganos como se aínda estiveran dentro do tórax. O novo sistema móbil chámase PEPP ( Perfusión exvivo pulmonar portátil). O dispositivo mantén a temperatura corporal e insértalle aire cun respirador e cunha bomba para que os órganos manteñan a súa respiración. Con este inxenio conséguese reducir ó mínimo os danos que sofren todos os órganos durante o tempo que dura o tranporte e maten vivos os pulmón durante 24 horas. O  transporte faise nun frigorífico tradicional e haino que facer antes de dez horas.

285 Artigos |   | 1  |   | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.