Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

Unha mañá de xaneiro na aula de segundo de bacharelato B descubrimos un artigo interesante no libro de texto de inglés. Este artigo daba información sobre como as antes menospreciadas linguas dos nativos americanos foron útiles nun momento crucial da historia contemporánea, algo totalmente descoñecido para nós. Estas linguas non pertencen á rama indoeuropea e por iso quedan moi afastadas do inglés e das linguas europeas máis usadas. Por esta razón foron útiles durante a Segunda Guerra Mundial. Isto foi o que descubrimos:
Durante a segunda guerra mundial o Corpo da Mariña de Estados Unidos necesitaba un código secreto que os inimigos non puidesen descifrar. E así foi como a lingua dos Navajos foi usada para mandar mensaxes e información militar.
A lingua Navajo é moi complexa e está tan apartada do inglés e do xaponés que ninguén sen un adestramento intensivo e sen exposición ó idioma podería entendela. Os xaponeses foron capaces de descifrar moitos códigos, incluíndo os usados pola Armada e as Forzas Aéreas estadounidense, pero nunca conseguiron entender unha soa mensaxe en Navajo.
Un grupo de soldados navajos crearon en secreto o código, que incluía un sistema de palabras nativas para substituír letras do alfabeto inglés e así poder deletrear palabras que non tiñan equivalencia en Navajo. Tamén inventaron as súas propias expresións para 400 termos militares, como “peixe de ferro” para dicir submarino e “tartaruga” para tanque. O código era oral e tiña que ser memorizado por cada falante .
Os falantes deste código foron considerados tan valiosos que lles puxeron outros marines para protexelos. Porén, algunhas fontes din que eses gardas tamén tiñan orde de matar un falante do código que estivese en perigo de ser capturado, de xeito que os segredos non puidesen ser revelados ó inimigo. O Corpo da Mariña nega esta teoría.
A política do goberno dos EEUU nese momento era intentar eliminar as linguas nativas americanas. Polo tanto, ironicamente, eses mesmos homes só uns anos antes terían sido castigados severamente por usar a súa lingua nativa na escola . Porén, despois da guerra, foi considerada tan valiosa que a operación dos falantes en código foi gardada como un segredo militar. Os falantes tiñan prohibido contar nada sobre iso nin ás súas propias familias. Nada se soubo ata o 2001, cando foron condecorados e oficialmente recibiron honores e medallas do presidente e do Congreso dos EEUU. Daquela moitos deles xa non estaban vivos.
Pola información que atopamos en internet a partir de diversas fontes, hoxe nos EEUU conviven numerosas linguas minoritarias, entre as que destacan a dos Sioux, con uns 50000 falantes; a dos Navajos, con 100000; e a dos Hopi, con 4800.
Alumnado de 2º Bach B

O sal contén varios compoñentes procedentes do efecto de disolución provocado pola choiva ao caer sobre as rochas, a través dos ríos. Por suposto os que teñen probabilidades de chegar ao mar son os máis solubles en auga que son o cloro e o sodio, os compoñentes básicos do sal común, e que representan o 90% de todos os compoñentes  disoltos  do mar.

Homenaxe á prensa galega morta.

Isaac Díaz Pardo naceu en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e morreu na Coruña o 5 de xaneiro de 2012 por problemas respiratorios; foi un galeguista entregado á tarefa de preservar, fortalecer e recosstruír a cultura e a memoria de Galicia. Doi deseñador industrial . escritor , editor . promotor e mecenas de proxectos.

O seu pai , Camilo Díaz Baliño , era pintor e estaba vinculado ás Irmandades da Fala , polo que na súa casa facíanse xuntanzas dos galeguistas. Foi un dos primeiros paseados da guerra civil española , o que provocou que o seu fillo, Isaac, tivese que agocharse ata poder saír de Compostela. Logo pasou a traballar como rotulador na Coruña.

Ao ser supervivinte díxose a si mesmo que tiña que lembrar aos mortos e levar a cabo os soños polos que os mataran.

Cando acabou a guerra , cursou entre 1939 e 1942 estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando ( Madrid ) .

Abandonou en 1948 a pintura , para adicarse a un proxecto de dinamización sociopólitica e empresarial centrado en destacar a historia de Galicia.  

GALICIA TÍNXESE DE LOITO POLA MORTE DESTE GALEGUISTA QUE DEU A SÚA VIDA POLO GALEGO.

Outra vez vos escribo sobre a miña estancia en Polonia, pero esta vez para falarvos sobre a clase, os compañeiros e o instituto en xeral.

O pasado trimestre estiven nun intercambio cunha familia do sur de Polonia, concretamente de Korczyna, no marco do proxecto Comenius. Agora, para que coñezades algo máis da cultura e costumes polacos, escríbovos un artigo cos pratos máis coñecidos que coñecín alí.

O Premio Fonseca é un premio internacional anual, creado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago, e baixo o amparo do Programa Conciencia, que intenta recoñecer a capacidade de difusión e a chegada ao público xeral no campo da comunicación da ciencia.

A Universidade da Coruña publica o Dicionario de Química, unha nova ferramenta lingüística de máis de 400 páxinas e coa definición de máis de 7.000 termos e apéndices con información complementaria de interese. Con esta obra a Universidade da Coruña fai a súa achega ao Ano Internacional da Química.

Un equipo de astrónomos da Institución Carnegie e a Universidade de California descubriron un novo planeta fora do Sistema Solar que ten un tamaño similar á Terra e que se atopa nunha zona que podería ser habitable. Trátase do Gliese 581g, e está a uns 20 anos luz. Este vídeo explícao brevemente:

282 Artigos |   | 1  |   | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.