Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

O terceiro dos grandes xéneros da Lírica galego- portuguesa, componse polas 430 cantigas de escarnio e maldizer, que teñen un carácter moi homoxéneo, non teñen cabida nas cantigas de amor ou de amigo e, polo tanto, engadíronse directamente neste xénero.

A principal diferenza entrSymphonia_Cantigas_Sta_María_160e as cantigas de  escarnio e as de maldizer (ambas utilizadas para burlarse de individuos e costumes) é que as cantigas de maldizer fano de forma directa e obscena, mentres que as cantigas de escarnio utilizan xogos de palabras, dobres significados e palabras encubertas (Equivocatio). Semella moi fácil clasificalas sabendo isto, mais non é así… Xa que descoñecemos moitos dos termos utilizados nesas cantigas e necesitamos saber se naquela época termos que a nós poden parecernos obsecenos ou non, tiñan para eles o mesmo significado.  Na época destas composicións, as cantigas eran interpretadas diante dun público, ver esas interpretacións axudaríanos moito a coñecer o que querían transmitir realmente esas cantigas.

Carlos Piña (1º Bacharelato-A)

AS CANTIGAS AMOROSAS

Para atopar o orixe das cantigas de Amor, é necesario ollar previamente a evolución das cantigas de Amigo, coa fin de demostrar así que proveñen destas últimas e que os prexuízos culturais entre ambos tipos de composicións non teñen sentido. Se queremos conseguir isto debemos primeiro coñecer a orixe da cantiga de Amigo, dela sabemos que é común a un mesmo tipo de cantigas común a diversos pobos cunha voz feminina coma protagonista, a cal xa se desenvolvera previamente na Península Ibérica coma kharxas e que en certo modo puideron influenciar ás cantigas galego-portuguesas, xa que tratan a mesma temática e comparten algunhas características. Outro dato importante é que tanto as cantigas de Amigo coma as cantigas trobadorescas provenzais foron desenvoltas aproximadamente no mesmo tempo, pero en espazos diferentes, mais a popularización do Camiño de Santiago fixo chegar a Galiza influencias culturais doutros pobos, entre as cales destaca o lirismo provenzal, provocando así un choque entre ambas literaturas xa desenvoltas dando lugar a unha lírica galego-portuguesa que incorporaba un novo protagonista masculino típico da cançó provenzal, primeiro dialogando co eu feminino tradicional e finalmente adquirindo todo o protagonismo da cantiga, dando lugar ó que foi coñecido coma cantiga de Amor.

Eva Soto é alumna da terceira promoción  dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdeva sotoemga) e natural de Cambados.

Eva acaba de conseguir algo que a calquera deseñador/a de moda lle gustaría poder facer: a estilista de Lady Gaga, unha famosísima cantante pop, interesouse polos deseños desta galega.  Foi a propia cantante quen se puxo en contacto con ela requirindo certos traxes, que presentara Eva no seu proxecto de fin de carreira, en Debut 2009, e outros que formaban parte da colección que fixera para Ego. Algúns destes deseños xa foran prestados ó fotógrafo Eugenio Recuenco para o seu próximo libro. Tamén hai que destacar que diferentes revistas de moda de Nova York se puxeron en contacto coa galega para publicar referencias  ao seu traballo.

Manel Fernández Ínsua (2º Bac. B)

Pedro NimoActualmente a inmensa maioría da sociedade está pasando por una etapa de crise económica. Pois se ben nun principio o modelo político-económico  capitalista parecía ser o ideal para esta sociedade, como dicía o propio Keynes, o certo é que agora parece que o estado de benestar infinito que propugnaba semella ser algo utópico.

Esta crise déixase notar, en maior ou menor medida, nas tres cuartas partes da poboación.

Sandra Castaño Maneiro e Lara Gómez Rodríguez

Presentación convertida a vídeo sobre os pazos do concello  de Rianxo.

images

Tronzante, divertido, agudo, enxeñoso… Son algúns dos cualificativos que podemos utilizar para referirnos a este filme, dirixido por  Frank Capra (con 3 premios Óscar no seu historial) e protagonizado polo sempre xenial  Cary Grant.

O argumento ten todos os ingredientes para gozar do cinema: orixinalidade, tensión, comedia e situacións de todo disparatadas cando a vida cotiá da familia de dúas irmás anciás de Brooklyn, bondadosas e piadosas, se amosa na pantalla. Mortimer (Cary Grant) verase inmerso nas loucuras

Mamen Teijido

Nunha aldea de Guitiriz (Lugo) chamada Os Vilares hai un lugar presidido por una enorme rocha dividida en tres partes por dúas grandes fendas, e cun anaco caído no chan pero apoiado nesta rocha que fai unha cova e refuxio natural. Esta construción dá nome ao lugar, denominado Pena de Roldán, pena á que segundo conta unha lenda, chegou Roldán nos últimos momentos da súa vida. Pena de Roldán 2

A pesar de que a Historia sitúa a morte de Roldán -conde da Marca de Bretaña e comandante histórico ás ordes de Carlomagno- na batalla de Roncesvales no ano 778, a lenda lucense asegura que Roldán está soterrado preto desta Pena.

avó

Paula Trigo Rei 3º ESO C

Con este artigo quero comezar a contarvos a vida de meu avó. Quero falarvos del porque na súa vida aconteceron moitas experiencias marabillosas e inolvidables que el me foi contando. Eu admíroo moito e espero que a vós tamén vos interese e guste.
Imos ao asunto.

Ricardo Rey Piñeiro, meu avó, naceu o 26 de marzo de 1939; seu pai chamábase Alejandro Rey Piñeiro e súa nai Carmen Piñeiro Bravo.Tiña oito irmáns, o maior chamábase Moncho, despois naceron Andrea, Manolo e Jenucho (que son os xemelgos), logo nace meu avó, Carme, Fita e por último naceu Mari. Todos xuntos vivían en Fincheira.

285 Artigos |   | 1  |   | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.