Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

Por Nerea Lorenzo (2º Bac. B)

“Pois en canto te vexo en fronte“

seméllame que nin sequera Ermíona a ti

te iguala, e compararte a loura Helena

non resulta estraño” (SAFO)

 “Eu estaba tranquila ollándote

porque en ti acababa todo” (LUPE GÓMEZ)

 Moitas noites separan a estas dúas mulleres, moitos séculos entre estes dous poemas, anos que pasan e nos fan reflexionar se realmente cambiamos tanto, se somos tan distintos ás persoas da época clásica. Ben, pois claro que somos distintos, evolucionamos, as veces tamén para ben, e seguimos sendo ó mesmo tempo iguais.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, xustifica a necesidade desta conmemoración argumentando que: “unha prensa libre, pluralista e independente é esencial para a existencia dunha sociedade democrática.” Presentando xa que logo o xornalismo libre, como un piar clave na constitución dun réxime xusto e no que se garantan os dereitos fundamentais.carolina1

O principio da liberdade de expresión, é o que se vulnera cos impedimentos aos xornalistas e editoriais, para  publicar certos artigos, críticos cos valores do réxime político que os censura.

Carla Tubío (PCPI)

25 de abrilFai falta sempre sangue e violencia para conseguir o que nos propoñemos? Creo que a mellor resposta a esta pregunta está na historia. Historia que comeza en Portugal nun 25 de abril de 1974 cando soaba a canción de Zeca Afonso: “Grândola, vila morena”. Os soldados portugueses estaban a tornar o seu destino, un destino que nese momento se vía truncado pola ditadura. Eran simples soldados, pero eles mesmos, sen axudas das armas, conseguiron cambiar a Historia, decidiron rebelarse e non ver como o país vivía baixo o mando dos ditadores sen que o pobo tivese ningún poder de decisión. Non era o primeiro golpe de estado que Portugal sufría, pero si o primeiro no que o único vermello foron os caraveis e non o sangue derramado. O claro exemplo de que as armas e a violencia non son necesarias para conseguir sempre o que nos propoñemos.

Carla Vidal (PCPI-2)

Leandro Lamas   (16)O 23 de abril celébrase a nivel internacional o día do libro, unha data que ten como finalidade aproximarnosá lectura, fomentar a industria editorial e a propiedade da intelixencia mediante os dereitos de autor.
No 1995 foi a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) quen promoveu a celebración deste día internacionalmente e dende o 2001 diferentes capitais do mundo son nomeadas Capital Mundial do Libro neste sinalado día e realizan diferentes actividades culturais relacionadas co libro e a lectura.

A Arca do Barbanza é o punto final ao que 10153794_318297888320822_9019255608294650297_nchegarán todos os camiñantes que se aventuren a realizar a Ruta das Mámoas, no veciño concello de Boiro, e que percorre nunha experiencia única , diferentes manifestacións arqueolóxicas dos nosos ancestros.

Vestixios que se realizaron ao longo de 3500 anos (dende o Neolítico ata finais do Calcolítico) e que aínda hoxe son visibles.

O alumnado de PCPI-2 traballou ao longo das últimas semanas arredor da tarefa SON MULLER, E QUE?. Co obxectivo de descubrir se realmente non houbo mulleres na nosa Historia ou se, pola contra, foron silenciadas polos homes, pois eles foron os que escribiron esa Historia.

Entre todas as tarefas presentadas seleccionamos dúas: un prezi de Carla Tubío e unha presentación de Sandro García que engadimos máis abaixo, pero podedes buscar máis información en 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

O terceiro dos grandes xéneros da Lírica galego- portuguesa, componse polas 430 cantigas de escarnio e maldizer, que teñen un carácter moi homoxéneo, non teñen cabida nas cantigas de amor ou de amigo e, polo tanto, engadíronse directamente neste xénero.

A principal diferenza entrSymphonia_Cantigas_Sta_María_160e as cantigas de  escarnio e as de maldizer (ambas utilizadas para burlarse de individuos e costumes) é que as cantigas de maldizer fano de forma directa e obscena, mentres que as cantigas de escarnio utilizan xogos de palabras, dobres significados e palabras encubertas (Equivocatio). Semella moi fácil clasificalas sabendo isto, mais non é así… Xa que descoñecemos moitos dos termos utilizados nesas cantigas e necesitamos saber se naquela época termos que a nós poden parecernos obsecenos ou non, tiñan para eles o mesmo significado.  Na época destas composicións, as cantigas eran interpretadas diante dun público, ver esas interpretacións axudaríanos moito a coñecer o que querían transmitir realmente esas cantigas.

Carlos Piña (1º Bacharelato-A)

AS CANTIGAS AMOROSAS

Para atopar o orixe das cantigas de Amor, é necesario ollar previamente a evolución das cantigas de Amigo, coa fin de demostrar así que proveñen destas últimas e que os prexuízos culturais entre ambos tipos de composicións non teñen sentido. Se queremos conseguir isto debemos primeiro coñecer a orixe da cantiga de Amigo, dela sabemos que é común a un mesmo tipo de cantigas común a diversos pobos cunha voz feminina coma protagonista, a cal xa se desenvolvera previamente na Península Ibérica coma kharxas e que en certo modo puideron influenciar ás cantigas galego-portuguesas, xa que tratan a mesma temática e comparten algunhas características. Outro dato importante é que tanto as cantigas de Amigo coma as cantigas trobadorescas provenzais foron desenvoltas aproximadamente no mesmo tempo, pero en espazos diferentes, mais a popularización do Camiño de Santiago fixo chegar a Galiza influencias culturais doutros pobos, entre as cales destaca o lirismo provenzal, provocando así un choque entre ambas literaturas xa desenvoltas dando lugar a unha lírica galego-portuguesa que incorporaba un novo protagonista masculino típico da cançó provenzal, primeiro dialogando co eu feminino tradicional e finalmente adquirindo todo o protagonismo da cantiga, dando lugar ó que foi coñecido coma cantiga de Amor.

275 Artigos |   | 1  |   | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  |   | 35  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.