Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:
Por Xesús Costa Rodil
DSC_0125Galiza, na Guerra Civil, logo duns días de certa resistencia (Ferrol. A Coruña, Vigo e
outros pequenos focos como o Barbanza-Noia-Muros) fronte aos militares golpistas
apoiados por civís que se rebelaron contra o goberno lexítimo da II República, ficou
totalmente dominada polos sublevados. E cando os franquistas van derrotando aos leais
á República na fronte norte(Euskadi, Santander, Asturias) milleiros de combatentes
republicanos que loitaron pola xustiza, pola liberdade, polos dereitos sociais,
convértense en prisioneiros da guerra.

imagesPor Sergio Lamas e Iván Caamaño

Xa se falou disto hai varias semanas, pero nós aínda non tiveramos tempo de repousar do impacto dos datos para deixar a nosa opinión.

O galego perde outra batalla. Durante anos, a mala evolución no uso, implantación e prestixio social da lingua galega era compensada co feito de que a poboación do país seguía a tela como lingua habitual  segundo amosan diversos indicadores. Pero isto está mudando, segundo mostra o último estudo realizado ao respecto. O que o IGE amosa é que, no período comprendido entre 2001 e 2011, as persoas que din falar “sempre” galego  xa non son maioría.

Por Jennifer Domínguez Blanco (2º ESO A)

Aldea Madita
A aldea maldita está situada na parroquia de Leiro no concello de Rianxo. Forma parte da aldea de Abuín. Nela, hai  moitos anos, caeu unha maldición e morreron todos os habitantes.

De  entre todas as lendas a que máis se escoita polos arredores conta que os

Biblioteca escolar… matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas.   Con este lema preténdese incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, […]

1411459826_900955_1411460384_noticia_normalO Tribunal Superior de Xustiza das Illas Baleares declarou nulo o Decreto para o Tratamento Integrado de Linguas (TIL) nos centros docentes non universitarios, aprobado en abril de 2013 polo Consello de Goberno. O decreto anulado foi aprobado polo Goberno de Baleares de José Ramón Bauzá para blindar a aplicación do TIL a pesar do rexeitamento de familias e profesorado .
275 Artigos |   | 1  |   | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  |   | 35  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.