Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
“As linguas de España” é un libro escrito por Mª Victoria Moreno no ano 1991 no cal se reflicte moi ben a situación das distintas linguas oficias en España.
María Victoria Moreno comeza o libro narrando a historia de cada unha das linguas presentes na Península: o euskera, o galego, o catalán e o castelán e destacando así a gran semellanza entre a maioría das palabras do catalán, do galego e do castelán, xa que se debe á súa orixe común, pois todas proceden do Latín, (feito no que fai fincapé durante case todo o libro), mais non lle pasa iso ao Euskera, xa que a súa orixe é prerromana.
Logo, céntrase na historia da Romanización tendo en conta as invasións e os pobos que habitaron os territorios que esas linguas ocupaban. Ademais, durante todo o libro se poden apreciar exemplos da evolución de moitas palabras que facilitan a comprensión deste.
A Romanización, ten unha gran importancia con respecto ás linguas, pois a lingua era un dos factores que variaba continuamente, ata que finalmente, o Latín se impuxo en todo o Imperio, aí está o porqué de que todas as linguas deriven desta,( agás o Euskera, como xa dixen antes). Moitas das palabras se transmitiron oralmente por iso sufriron unha gran transformación (patrimoniais) pero non sucedeu así con outras (cultismos). Pero na Península a parte da Romanización suceden diferentes invasións (suevos, alanos, vándalos e visigodos) as cales foron cruciais para a evolución de todas as linguas que na actualidade falamos e escribimos.
A sociedade actual vive baixo estereotipos que simplifican e manipulan a realidade, os cales provocan a creación de prexuízos baseados nestes. Son falsidades procedentes da ignorancia e da carencia de pensamento crítico. Os prexuízos lingüísticos, dados en territorios plurilingües cara a unha lingua propia, poden iniciar un proceso de substitución lingüística, como no caso do galego.
A causa da existencia de prexuízos lingüísticos na sociedade galega é unha consecuencia do conflito lingüístico dende a introdución do castelán en Galiza. Nace a diglosia, a principal causante desta situación, cando o galego e o castelán non logran convivir, posto que a primeira é unha lingua minorizada, a diferencia da segunda: a hexemónica, de uso formal e culto. Naturalmente, non é posible desenvolverse no día a día con normalidade exclusivamente en galego, xa que o castelán está imposto en determinados ámbitos. Isto desencadea a desvalorización social da lingua propia e dos seus falantes, correndo o risco de facela desaparecer.
Estamos rodeados de prexuízos. Todo tipo de prexuízos. Vivimos nun territorio onde falar a lingua propia non é un orgullo, por crer falacias como que o galego é inútil por posuír un territorio lingüístico menos amplo ca o do castelán. Que mellor forma de acabar con isto que reivindicando o valor da lingua galega no ámbito educativo doutras comunidades?
O pasado 2 de novembro, o portavoz do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo, Javier Lago Mestre, defendeu a importancia do galego, como lingua minorizada, na comunidade de Castela e León. Afirma que a protección da lingua en zonas con galegofalantes, como Zamora ou o Bierzo, presenta carencias por parte das administracións. Nesta comunidade, existe a posibilidade de incluír nun itinerario de estudo académico a lingua galega como optativa. En cambio, existen centros que nin sequera ofertan esta materia, e a súa introdución ten pouca demanda pola falta de información e concienciación do alumnado, como consecuencia desas carencias.
O ENDL convoca un concurso de felicitacións virtuais co fin de que poidan ser enviadas por correo electrónico e/ou whasapp.
O debate sobre a existencia dunha lingua universal coa que todo o mundo puidera comunicarse sen ningún tipo de problema, sempre estivo presente, mais o debate sempre xirou arredor da cuestión se sería tan factible como útil impoñer unha lingua e borrar todas as demais. Eu pregúntome se de verdade estaríamos dispostos a perder miles de linguas, con todo o que iso supón?
Unha das principais vantaxes que propoñen os defensores da imposición dunha lingua universal é a facilidade coa que poderíamos comunicarnos con persoas de todo o mundo, pero detrás de cada lingua hai moitas máis cousas que simples palabras. Hai unha cultura, un sentimento de pertencer a unha terra á que podes denominar túa, aspectos que só sobreviven co plurilingüismo.
A medida que estudamos a historia do ser humano, dos seus avances, logros, descubrimentos e incluso desastres, queda consolidada unha figura masculina nos nosos adentros. É insignificante o número de mulleres que se recordan na historia como poderosas en comparación co de homes, e deberiamos considerar o porqué.
Na ciencia, na literatura, nos altos cargos, na música… Todo aquel que pasou á historia como unha persoa importante adoita ser un home. Ensínannos que a sociedade machista non lles permitía ás mulleres desempeñar certas funcións na vida por seren exclusivamente outorgadas ao sexo oposto. En cambio, estamos esquecendo a todo ese colectivo que loitou por ter voz ao longo da historia, que agora non é recordado en parte polo machismo actual que as segue ignorando. Moitas ideas e descubrimentos de mulleres foron atribuídos a homes. Por exemplo, Esther Lederberg foi unha gran científica dos descubrimentos da bacteria E. Coli e, en cambio, foi o seu home quen recibiu o premio Nobel por colaborar con ela.
Logo de falar coa miña nai desta noticia, penso que é indignante e inxusto ver como se vulneran os dereitos dos cidadans galegos e máis inxusto é saber que unha institución que debería de estar para velar polos dereitos dos cidadáans galegos, como é o Valedor do Pobo, non o fai.
Miña nai leume o artigo 3.2 da Constitución Española, onde fala de que as linguas das comunidades autónomas son tan oficiais coma o castelán, que é a língua do territorio español, e que esas linguas oficiais están recoñecidas no territorio de acordo cos seus estatutos. Resulta que tamén me leu que o noso Estatuto de Autonomía de Galiza di, no seu artigo 5º, que a lingua propia de Galiza é o galego e que os idiomas galego e castelán son os dous oficiais en Galiza e todos teñen o DEREITO de os coñecr e de usar.
Entón penso eu que se está a violar un dereito ao uso da nosa lingua Galega, que ademais está amparada e protexida pola lei de Normalización Lingüistica de Galiza. Paréceme moi triste que se teña que loitar por un dereito que xa se ten.
FONTE: XornaldeVigo.gal