Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Mozambique é un país do sureste de África, á beira do océano Índico. Limita ó norte con Tanzania e Malawi, ó noreste con Zambia, ó oeste con Zimbabwe e ó sur con Suráfrica.

       O seu sistema político é unha democracia multipartidista, cuxo actual presidente é Armando Emílio Guebuza.

       O seu territorio ocupa unha extensión de 799.380 km2 e está dividido en dez provincias: Niassa, Cabo Delgado e Mampula ó norte; Zambézia, Tete, Manica e Sofala no centro e Inhambane, Gaza e Maputo ó sur, sendo esta última a súa capital. Ten unha poboación de 19.406.700 persoas.

       É membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa e ,polo tanto, a súa lingua oficial é o portugués. Foi colonizado por Portugal no século XVI. Conseguiu independizarse o 25 de xuño 1975 pola acción da guerrilla e pola Revolución dos Caraveis (revoluçao dos cravos) en Portugal.

       O portugués é a lingua oficial de Mozambique, pero tamén ten máis de quince linguas nativas, coma o suailí ou o zulú.

span style=”font-size: 10pt;”>A ti, rapaza; a ti, rapaz; mozos e mozas que buscades novos mundos, cobizosos do saber de moitas maneiras pescudado. Hoxe, que che di a ti a persoa de Isaac Díaz Pardo?

¿Sabes que dende o oito do mes de Santos, novembro de dous mil oito, Don Isaac é un dos veciños senlleiros de Rianxo, pois a Corporación Municipal outorgoulle o título de "Fillo adoptivo"? E un "fillo adoptivo" é a persoa a quen se lle pide e el acepta ser como de espírito e nacenza desta terra, deste recanto de inquedanzas e soños. Escoita, logo, a voz deste simple pregoeiro:

Segundo o informe emitido polo Consello de Europa o número de alumnos que reciben educación escolar en galego segue sendo moi baixo. Aínda que recoñece positivamente o labor das Galescolas , considera que a Consellería de Educación debe intentar que o galego sexa a lingua vehicular en todas as materias e en todas as etapas.

No referente á xustiza, insta as autoridades a que dispoñan versión en galego de formularios e textos administrativos de uso frecuente en todas as dependencias competentes da Administración do Estado con sede en Galicia.
No ámbito da comunicación mostra a súa preocupación polo mal uso do galego, sobre todo en RTVG e insta para a creación dunha emisora de radio privada que emita en galego.

O Consello de Europa tamén crítica o sector non gobernamental xa que a maioría dos servizos públicos limitan as opcións lingüísticas nos servizos telefónicos, de provisión enerxética, etc e recoñece ademais os casos en que os traballadores foron obxecto de acoso por falar en galego, asunto xa denunciado pola Mesa pola Normalización Lingüística .

No servizo de ferrocarrís (Renfe e Adif), servizos aeroportuarios (Aena) e no Sergas o galego emprégase puntualmente, a maior parte do persoal non está cualificado para prestar servizos en galego.

Tras este informe feito polo Consello Europeo, o presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón dixo que o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado en 2004 non se estaba a cumprir e reclamou á Xunta e ao Goberno central que poñan en marcha medidas para que se aplique a Carta Europea das Linguas Rexionais, xa que é un ordenamento xurídico subscrito polo estado e, polo tanto, de obrigado cumprimento.

O Dicionario Cumio na súa versión para estudantes de Secundaria e Bacharelato introduce xunto as entradas correctas, formas incorrectas que non deben utilizarse en galego. O ENDL elaborou un listado con estas formas esperando que sexa de utilidade para toda a comunidade educativa, xa que xunto á forma incorrecta (en negriña) aparece unha proposta de forma correcta.

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica está facendo unha serie de carteis sobre Ramón Piñeiro, os seus logros e as súas fazañas galeguistas. Isto débese a que este señor foi o afortunado ó que se lle dedican as Letras Galeges deste ano.

 

            Os carteis están sendo colocados no edificio principal e no anexo do noso centro e iremos actualizádoos ó longo do curso.

Vouvos dar algúns datos dun país lusófono que é gran descoñecido para a inmensa maioría de nós


Este xoves pasado, 27 de novembro,  aproveitamos a presenza da Xurxo Souto no IES para presentar o noso CD “Os quinse máis votados”.

A idea de realizar este traballo xurdiu no ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo o curso 2007-2008 para dar a coñecer distintos estilos musicais, diferentes grupos e cancións que se poden facer no noso idioma.

Como primeiro paso elaboramos unha lista de 100 grupos e intérpretes que cantaban en galego e pasamos a facer unha votación popular para seleccionar aqueles preferidos entre o noso alumnado, de aí xurdiu esta recompilación, escollendo os 15 grupos máis votados, xa que a partir dese número as puntuacións de cada candidato eran pouco representativas. De feito, mesmo houbo unha diferenza de votos considerable entre os tres primeiros e os restantes, polo que decidimos seleccionar varias cancións deses grupos primeiros e só unha dos demais.

Como complemento ás audicións quixemos completar ese traballo salientando algúns datos de interese de tódolos grupos, e máis xuntar as letras das cancións gravadas.

O galego empregado non é o normativo pero consideramos que iso non é o máis importante, senón comprobar que a nosa lingua segue viva e está presente nos distintos estilos musicais, non só no folk co que máis se adoita relacionar, senón tamén no rock, no reggae, no rap…

Á hora de ordenar as pezas presentáronsenos varias posibilidades:

  1. O número de votos, pero varios grupos estaban co mesmo número, polo que despois teriamos que ter usado outro criterio.
  2. Os estilos musicais, pero pareceunos que sería máis monótono escoitar de seguido grupos “semellantes” e ademais, que estilo poñiamos de primeiro?
  3. A orde alfabética, pola que finalmente nos decidimos, xa que así os estilos irían de xeito aleatorio e non se lle daban matices de importancia.

Na selección das pezas fixemos outra consulta popular das cancións preferidas entre o alumnado, consultamos aos grupos e tamén nos pareceu interesante incluír algunha peza do último traballo publicado de cada grupo, aínda que non fosen as pezas máis coñecidas e populares e, finalmente, este foi o resultado que esperamos sexa do agrado de todos e todas.

 Agradecementos a quen participou na iniciativa, así coma aos grupos que nos deron o seu permiso para a realización deste proxecto.

O pasado día 8 de novembro de 2008 Isaac Díaz Pardo foi nomeado Fillo Adoptivo de Rianxo.

474 Artigos |   | 1  |   | 54  | 55  | 56  | 57  | 58  | 59  | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.