Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Coa finalidade de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, figura principal da historia da literatura galega e como medida impulsora de normalización lingüística a Deputación da Coruña convoca o I Premio “Rosalía de Castro†de Lingua de acordo coas seguintes:

BASES

1.- Obxectivos

- Recoñecer a aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral.

- Manter viva a memoria de Rosalía de Castro.

2.- Destinatarios

Poderase outorgar este premio a calquera persoa, empresa, asociación ou entidade radicada en Galicia, entendendo como tales aquelas que teñan a súa sede social ou residencia no territorio da Comunidade Autónoma e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña

3.-Premios

Establécese o seguinte galardón

a) Un premio que se lle concederá a unha persoa, empresa, asociación ou entidade de ámbito galego, en xeral e na provincia da Coruña, en particular, que destacase pola súa traxectoria na promoción e normalización da lingua galega ou que destacase por actividades que implicasen o espallamento da lingua galega durante o ano en curso.

O Premio “Rosalía de Castro†de Lingua 2010 non ten dotación económica. O galardoado recibirá unha figura acreditativa que está en posesión desta distinción.

4.- Xurado

A proposta para o premio e a escolla do gañador tomaraa un xurado formado por:

· O presidente da Deputación da Coruña ou persoa en quen delegue, que será o/a presidente/a.

· Un/unha representante técnico da Deputación da Coruña que realizará as funcións de secretaría, asistirá ás xuntanzas do xurado, con voz e sen voto.

· Un/unha representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

· Un representante do movemento asociativo da provincia da Coruña.

· Un/unha representante dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino da provincia da Coruña.

· Un/unha representante da Universidade da Coruña ou Santiago de Compostela

· Un/unha representante dos medios de comunicación, nomeado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

· Unha persoa de recoñecido prestixio no seu traballo a prol da lingua galega.

As candidaturas deberán ser avaliadas polo xurado tendo sempre en conta o obxectivo do premio.

5.- Aspectos que se valorarán

Para a concesión dos premios o xurado terá en conta os seguintes criterios:

a. Tarefa continua desenvolta en favor da normalización lingüística do galego.

b. Actuacións concretas en favor da normalización dos usos sociais da lingua galega.

c. Uso habitual e normal do galego nas súas actividades e nos seus servizos.

d. Campañas de información e/ou publicitarias en galego.

e. Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.

Ademais dos devanditos, o xurado poderá valorar outros méritos das persoas ou entidades que se propoñan.

6.- Prazos

Logo da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, haberá 15 días para que se presenten as propostas. O xurado reunirase no prazo dos 15 días seguintes para votar as propostas presentadas.

7- Sistema de votación

O xurado tamén poderá propor candidaturas. O xurado seleccionará o premiado de acordo coa finalidade do premio. O premio será outorgado por votación do xurado. Será necesaria a maioría cualificada de dous terzos na primeira volta de votacións. De non alcanzarse acordo, procederase a unha segunda votación na que será necesaria a maioría simple. O xurado poderá optar por deixalo deserto. A súa decisión será inapelable.

8- Entrega de premios

A entrega dos premios realizarase o 28 de maio, no transcurso do acto público da III Festa da Lingua, organizada pola Deputación da Coruña.

9- Interpretación

O xurado queda facultado para interpretar as presentes bases.

A Coruña, 12 de abril de 2010

Deixámosvos outros dous vídeos de alumnos e alumnas de 1º de Bacharaleto. Falan habitualmente galego, desenvolven a súa vida na súa lingua e están orgullosos e orgullosas de teren unha lingua propia

Se soñas con unhas vacacións nunca illa tropical, á sombra dos coqueiros, saborenado tranquilamente un “cocktail” de zumo de froitas tropicais, S. Tomé e Príncipe non será propiamente o destino ideal. Se, polo contrario, che gustan unhas vacacións de aventura, de partir da descuberta de praias desertas e da selva tropical, do contacto coas poboacións locais, e sobre todo de África, vas quedar marabillado con este paraíso perdido no medio do Golfo de Guinea , mesmo encima do ecuador.

Presentámosvos dous videos de alumnos e ax-alumnos do IES que están orgullosos de seren de aquí e de falaren a súa lingua.

O primeiro, xa o reproducimos hai uns días no blog O castelo da lúa, xa fora gravado antes de que saíse a campaña “Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego”

Patricia Neira, ex-alumna do noso IES, estuda Fisioterapia en Madrid e ten unhas notas brillantes. Ela relata como o galego non lle supuxo ningún problema nos seus estudos fóra de Galicia, todo o contrario… escoitádea!

O segundo é o de Alba e Raquel alumnas integrantes do ENDL do noso IES

Eu elixín investigar sobre Angola por razón da súa bandeira, a cal, co vermello da parte de arriba simboliza o sangue derramado polos angolanos durante as loitas pola independencia e co negro que presente na parte inferior a cor dos habitantes do continente africano. No centro, esta bandeira, ten unha roda dentada cruzada por unha catana e ao lado disto, unha estrela. Este debuxo é moi semellante ao símbolo comunista.

O resto do texto está escrito en portugués porque co galego podémonos entender perfectamente en lugares nos que se fala ese idioma.

Un membro da nosa comunidade educativa, enviounos esta colaboración. Boísimo comentario ante esa última mostra de desprestixio que recollemos onte no artigo: O que temos que oír por estarmos xordas e xordos…

Seica “Desván de los monjes” e “Toro”… pode ser posible?? Pero que conselleiro é este!!!!!!!!!!!!

Cabo verde é un país africano, archipélago de orixen vulcánica, constituído por dez illas. Está localizado no Oceano Atlántico, a 640 km ao oeste de Dacar, Senegal. Eu fixen unha pequena investigación sobre este país e, xa que son alumna de portugués, vouvolo deixar escrito nesta lingua.

446 Artigos |   | 1  |   | 41  | 42  | 43  | 44  | 45  | 46  | 47  | 48  | 49  | 50  | 51  |   | 56  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.