Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Esta e a nosa última mostra en vídeo para a campaña do orgullo… non tan elaborada como o vídeo que fixeron en Salceda de Caselas e que colgamos a continuación, pero… nós estamos empezando coa cámara… que aínda se nos move moito!

Sabiades o que era un “lipdub”? Por se aínda queda algún “profe” (alumno/a non creo) despistado/a, aclarámoslle que ese termo vén da palabra “lip” que é labio e “dub” dobrar, vén sendo literalmente: “dobraxe de labios” . É dicir, unha “dobraxe” dunha canción na que os participantes sincronizan os labios coa música e normalmente fan unha coreografía…

o máis complicado é que a gravación debe facerse sen cortes, dunha soa machada.

Nós que comezamos coa nosa aproximación ao mundo do vídeo hai pouco tempo, teremos que ir ensaiando desde agora ao curso que vén para dar feito algo tan bo! pero ímolo tentar!!!

O día 20 de Maio, ás once horas, no instituto CPI EUEBIO LORENZO BALEIRÓN de DODRO Xurxo Souto recibiu o décimo primeiro premio LEIXAPRÉN.

Que é o Premio Leixaprén?: Desde o ano 1999, a Coordinadora Leixaprén, formada por un conxunto de Equipos de Normalización Lingüística de centros educativos públicos de Educación Secundaria situados nos concellos de Dodro, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son, Rianxo e Rois, vén cncedendo anualmente un galardón que pretende recoñecer o traballos de persoas, colectivos ou institucións que se distinguen pola defensa e promoción da lingua galega.
O Premio Leixaprén simbolízase na entrega á persoa ou entidade premiadas dunha copa realizada polo oleiro Manuel Caamaño, acompañada dun pergamino acreditativo da concesión do mesmo; o acto de entrega constitúe, cada ano, unha festa que celebra o compromiso colectivo con noso idioma.

Quen é o premiado deste ano?
Xurxo Souto é un artista galego, polifacético e multidisciplinar: cantante, acordeonista, escritor, locutor, ocasionalmente actor, e con formación académica no ámbito da filoloxía clásica.
O curso pasado tivemos a honra de que viñese ao noso centro, acordádesvos? Mirade a crónica da súa actuación na revista Bico da ría!

Xurxo fíxose moi popular como líder e vocalista da banda de rock “Os Diplomáticos de Monte-Alto”, entre os anos 1990 e 2001; destaca tamén por se un gran difusor da música galega contemporánea, desde unha perspectiva integradora de diversas tendencias e estilos. Tempouco debe esquecerse o seu oficio como escritor, nunha narrativa arroutada de cerna popular e tabernaria. Ademais de ter cinco libros publicados, colabora con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Esta edición do Correlingua estivo ameazada pola chuvia motivo polo que os rapaces de primaria non asistiron ó evento. Primeiro saímos do instituto cara á vila, portando unhas pancartas en defensa do galego. Ó chegar á praza, comezou a chover enerxicamente. Afortunadamente escampou e a carreira puido iniciarse sen demasiados problemas ainda que se mudo o programa orixinal. Houbo alumnos que foron por atallos, e moitos dos que probaban algún novo atopábanse cun camiño sen saída. Ao final de cada carreira repartíronse chapas entre os participantes, xunto cuns pósters co manifesto que foi lido a continuación que era igual ao que se lía nas diferentes cidades e localidades. Lérono de forma case improvisada 3 alumnos do noso IES, porque estaba preparado para que o leran rapaces de primaria, que non puideron vir.

Tres artistas, estudantes de 2º de bacharelato do noso centro, tamén están orgullosos de seren de Rianxo e galegofalantes.

<object width="480" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/I8LUWStJ7QA&hl=es_ES&fs=1&rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/I8LUWStJ7QA&hl=es_ES&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="385"></embed></object>

 

446 Artigos |   | 1  |   | 40  | 41  | 42  | 43  | 44  | 45  | 46  | 47  | 48  | 49  | 50  |   | 56  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.