Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

O mes pasado visitou o noso centro a ex-alumna Patricia Neira Tajes. Rianxeira e galegofalante, decidiu ir estudar a carreira de fisioterapia a Madrid posto que en Galiza as prazas eran moi limitadas e o acceso, polo tanto, complicado. Chegou a Madrid e sen a menor dificultade botou a falar castelán. Nunca o idioma foi unha problema para ela, nin nos estudos nin na vida social. Todo o contrario. Saber galego facilitoulle en grande medida o estudo da carreira pois deuse a casualidade de que a maioría dos libros de fisioterapia dos que dispuña a Universidade estaban en lingua portuguesa. A semellanza do noso idioma co portugués permitiulle a fácil comprensión dos textos, aventaxándoa fronte aos seus compañeiros monolingües en castelán.

Recentemente, observamos nun libro de “Lengua castellana y Literatura" como un poema pertencente á literatura medieval galego-portuguesa foi traducido e usouse como texto representativo da literatura castelá na Idade Media. É común observar como os libros de texto de literatura castelán ocultan ou tratan de xeito moi marxinal a literatura das demais culturas da península, como son o galego, o catalán e o vasco. Isto débese á situación non normalizada da nosa lingua, e polo tanto da nosa literatura considerándoa como un subapartado dentro da literatura española. Pero isto pode considerarse un ataque dende as ansias de centralismo e unidades españolas, xa que a literatura galego-portuguesa é estudada e admirada dende moitos países considerándoa como o que é, unha literatura propia dun pobo e dunha cultura.  Malia á magnífica consideración fóra do propio territorio, en España segue sen gozar dunha situación de normalidade. Proba disto, é a ignorancia que nós mesmos, alumnos galegos, temos de autores importantes cataláns e vascos, o que nos leva a pensar que eles ignoran tamen a nosa literatura e do mesmo xeito os alumnos do resto do territorio español. Esta actitude negativa e censurable en si acada lindes de desprezo e ofensa no exemplo de tradución dun poema da literatura galega ao tratalo como representativo da literatura castelá dun determinado período. Unha posición correcta dende o punto de vista normalizador sería, ademais de mostrar a cantiga na súa lingua orixinal, galego, servirse dunha tradución ao castelán que permitise coñecer ao resto de alumnos/as españois a nosa literatura, mais sempre indicando a lingua na que está escrita e a literatura á que pertence, a galega.

A lingua perdida, a alma espida

Días mudos

Palabras levadas, polovento

Días mudos

Que non sabe o lamento,

De perder o que queremos

O pasado luns 6 de maio, o alumnado de 1º e 2º ESO asistimos, en dúas quendas, a un obradoiro no que nos explicaron a importancia do portugués no noso mundo.

 Primeiro, amosounos cales eran os países onde se fala esta lingua.

 Amosounos un pouco da súa historia…

Como temos dous edificios colocamos a mensaxe nas escaleiras dun e mais do outro. Primeiro fixémolo no edificio central, tal e como demos conta nun artigo anterior, logo no edificio anexo, onde estamos os de 1º e 2º ESO.

Unha vez chegados os de Cuntis a Rianxo, dispuxéronse a entrar no Salón de Actos para a recepción. En cando entraron, Jeebon, Manuel e Oliver tocaron unha canción.

 

Intercambio 2013 volta 1

 

 

 

Intercambio volta 2013.2

Démoslles a benvida e Sarela amosoulles Rianxo a fondo cunhas diapositivas

Intercambio 2013 volta 3

Neste número 7, falamos do Día das Letras Galegas 2013 e da figura de Roberto Vidal Bolaño, da “flexibilización” ou tempo de escolarización dun alumno na escola, e tamén sobre a idade adecuada para a compra dun móbil, ademais das novas e as propostas para o tempo libre.

O alumnado do equipo de normalización, estivemos traballando na elaboración de diversos cartaces para o proxecto Rianxo 2112. Un deles foi o que se atopa na entrada do instituto, Un berce de pedra, que fai referencia a que a nosa lingua ten unhas orixes moi antigas que se xestaron no noso territorio, entre as xentes que gravaban as pedras.

474 Artigos |   | 1  |   | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  | 36  | 37  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.