Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

  Por David Galbán (2º Bac. A)

mastrrclassC

O pasado xoves, como xa é un clásico no IES, tres dos alumnos de física de segundo de bacharelato tivemos a oportunidade de acudir á Masterclass Europea de Física de Partículas impartida pola USC.

            A primeira impresión foi dura, posto que a viaxe comezou ás sete da mañá, pero o sabor de boca ao final do día foi moi diferente. Comezamos por dúas charlas. A primeira, impartida por Diego Martínez Santos, introduciunos ao mundo da física de partículas ampliando un pouco os nosos coñecementos sobre ela. A segunda, de man de Xabier Cid Vidal, trataba sobre aceleradores e detectores de partículas, centrándose sobre todo no CERN, xa que alí traballaron os nosos profesores dun día, e é cara onde estarían orientadas as posteriores prácticas.

Por Luis Cernadas (2º Bac.)

en-galegoRecentemente chegou ós meus oídos que no Museo Nacional de Taiwán se ofrecen visitas en galego sobre A Arquitectura e Historia do Museo Nacional de Taiwán, que cubrirá os máis de cen anos de historia do museo dende a súa creación, en 1908. Así mesmo, a pinacoteca dá opción a circuítos en coreano, vietnamita, indonesio e cantonés.

Se ben é certo que os tours só son 30 minutos, e que só se ofrecen as fins de semana e durante abril e maio deste ano, xa é digno de recoñecer. O feito de que a nosa lingua non só traspase fronteiras, senón que navegue por mares, deixa claro que a nosa, é unha lingua universal, cuxo uso non está restrinxido a ningún ámbito.

Por Laura Conde e Fátima Ordóñez

APELIDOS-GráficasQuen nunca tivo a curiosidade de saber cal é a orixe do seu apelido? Agora ben, alguén pensou na posibilidade de que estivera castelanizado? Con estas preguntas en mente, iniciamos unha campaña de normalización no instituto dende comezos de curso. Entre os principais obxectivos, estaban provocar a reflexión sobre a identidade que nos dan os nomes o os apelidos, informar sobre o proceso de castelanización que sufriron durante décadas, así como das posiblidades que existen para galeguizalos e achegar o significado dos apelidos máis comúns do IES.

Aquí vos deixamos un álbum coas fotografías da exposición  sobre os apelidos que está instalada no vestíbulo de entrada do edificio principal do instituto. Son nove paneis  nos que se dá información sobre a orixe dos apelidos, sobre a castelanización que sufriron moitos deles de orixe  galega, sobre cal é a forma correcta… Tamén podedes […]

Onte, 21 de febreiro, sdrcelebramos o Día da Lingua Materna no IES Félix Muriel, o alumnado que colabora no Equipo de Normalización amosou a súa  ”lingua” de distintas cores.

 

Iago Varela elaborou un vídeo no que conta a súa experiencia no Blablacar e reflexiona sobre a existencia de prexuízos:

474 Artigos |   | 1  |   | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.