Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Cartel_EZR_18D-1630_Rianxo

Como xa anunciamos no seu momento, o grupo Ezetaerre vai estar o vindeiro luns día 18 no noso IES de  16,30 a 18 h.  Grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Rianxo temos a oportunidade de que o alumnado do Equipo de normalización,  e mais algún outro grupo ata completar o aforo do salón de actos, escoite en directo a este grupo de hip-hop que emprega o galego para producir a súa música.

Segundo publicamos no cartaz elaborado dentro do noso proxecto de música en galego, o grupo está formado por tres mozos que comezaron a súa andaina no ano 2015 e ata o momento xa publicaron 3 discos.

videopoemas1

A Casa-Museo Manuel María organiza un concurso de videopoemas que ten por Dfinalidade a potenciación da creatividade artística e mais o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María. Le as bases e anímate a participar

Cartel_Sole-FellozareduNa mañá deste venres 24 de novembro celebraranse  dúas contadas da actriz, escritora e fotógrafa uruguaia, Soledad Felloza , unha para 1º da ESO (11,20) e outra para alumnado de 4º ESO (12,30h).

Baixo o título O comezo do mundo vai ofrecer   unha selección de contos e historias de mulleres, baseadas en mulleres ou que teñen un fío condutor común na orixe do ser humano e no valor da palabra.

Esta actividade pódese ofrecer grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.  A actividade pretende achegar o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, precisamente da man dunha muller (cando se celebra a semana en contra da violencia de xénero), que ademais é de fóra de Galicia pero que ao vivir na nosa terra asumiu a lingua do país como propia e que desenvolve unha parte importante do seu traballo en galego.

Seguimos con actividades para promover a ciencia en galego. Dada a temática deste ano, deixámosvos este vídeo moi bo sobre Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica.

A  Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos (Teo-A Coruña) celebra este ano a 14ª edición do Concurso de Poesía Anomar, que como novidade nesta edición creo un enderezo de correo electrónico propio para o concurso, e así evitar que se perda algún poema nos correos diarios que recibe a entidade:  As categorías do concurso son: – […]

Cartel-club-de-debate-2018-WEB-1

Está aberto o prazo para anotarse ao Club de debate.  Anímate a participar!

 

X-1ºESO (58)O pasado venres 3, celebrasmos o Día da Ciencia en galego. Todo o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de escoitar a Cibrán Arxibai. Aprenderon moitísimas cousas con esta presentación… ademais de contar, cantos X??

Podes vela na galería de imaxes facendo clic no X ou como presentación neste enlace X_1ºESO

 

 

O Samaín é unha festa tradicional dos países de orixe celta. Galicia tamén tiña esa tradición que estaba algo esquecida e que se está revitalizando desde hai uns anos para facerlle algo de fronte ao Halloween. Mais o interese do ENDL do noso centro por esta festa está centrada na busca dunha normalización cultural, imprescindible […]

474 Artigos |   | 1  |   | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.