Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / ...
Globalingualizando

Artigos sobre os países nos que nos podemos entender falando galego

Artigos nesta sección:

Localizadas en pleno Océano Atlántico, entre Europa e América do Norte, os Açores é un arquipélago formado por nove illas: Santa María, Sao Miguel, Formigas, Terceira, Graciosa, Sao Jorge, Faial, Pico, Flores, Corvo e pequenos islotes. Este territorio pertence á república portuguesa ó ser descuberto a 1500 km de Portugal no ano 1427 polo navegante Diego Silves.

O arquipélago ten unha superficie total de 2333 km2. As áreas das illas varían entre 747 km2 (illa de Sao Miguel) e 17 km2 (illa do Corvo). O volcán Pico na illa Pico posúe 2431 m de altura, e é a maior elevación das Azores e tamén de Portugal. O número de habitantes é de 240000 ( censo de 2001) e viven maioritariamente na abrupta costa sur.

No entanto, de todas as illas que forman este fermoso arquipélago, destacamos a illa de Sao Miguel, coñecida como a illa verde polos cores verdes que lle proporcionan os seus bosques e pradeiras, e sendo a máis visitada e a máis grade de todo o archipélago. Está formada por varios concellos: Lagoa, Nordeste, Povoaçao, Ribeira Grande, Vila Franca do Campo e Ponte Delgada (que é a capital da illa e ó mesmo tempo do archipélago das Azores).

O clima da illa é temperado (arredor de 13 grados no inverno e 24 grados verán). Prodúcense numerosas choivas no verán aínda que se recomenda que é a mellor estación para visitala. Ademáis, prodúcense terremotos destacando o que sucedeu no ano 1522, que provocou unha verdadeira catástrofe, e debido a que son illas volcánicas hai unha elevada actividade volcánica.

Os hbitantes de Sao Miguel dedícanse na súa maioría ó sector primario, cultivando cereais, froita, té viño, etc.

Nesta illa podemos visitar varios puntos de interese turístico:
As Sete Cidades, coas súas dúas lagoas ( a azul e a verde).
O pico do Corvo, que ten vistas do centro da illa e do mar, tendo nos seus arredores diversas lagoas das cales destacamos pola súa dimensión a do Canario, a Rosa e a do Corvo.
O Miradouro do Escalvado, situado na punta do Escalvado con vistas para a parroquia dos Mosteiros e onde se pode observar un magnífico solpor.
Caldeiras da Ribeira Grande, que son un pequeno grupo de fumarolas.
Praia Areal de Santa Bárbara, tal vez o máis extenso areal da rexiónl, lugar moi visitado polos practicantes de surf.
Na Gorreada en Porto Fermoso pódese observar a cultura do te e facer unha visita ás respectivas fábricas.
Pódese visitar A Lagoa do Fogo, un dos lugares máis impresionantes da illa, onde se observa unha lagoa no cráter dun volcán, que está situado nunha reserva natural.
Caldeira Velha, un pequeño lago de auga quente onde se pode tomar un baño
Reserva do Pinhal do Par, onde as azaleas en flor proporcionan un espectáculo deslumbrante.
Vale das Furnas coas súas caldeiras, de auga quente. Posúe 20 nacentes termais que a converten nunha das maiores cidade de auga do mundo. Xunto a ela está a ermida de Nosa Señora da Vitória, onde se fai o “cocido das caldeiras” aproveitando a calor da terra.
Parque Terra Nostra posúe moitas árbores e moitas plantas exóticas.
A Ribeira Quente onde está a Praia das Furnas
Ó Nordeste hai montañas, desfiladeiros, ribeiras e miradoiros. Destaca: Pico da Vara (1105 m), serra da Troqueira, os miradoiros do Salto de Farinha, do Pico Bartolomeu, de Porta Areal e da Ponta da Madrugada ( desde onde se observa nacer o Sol).
O xardín Antonio Borges, e o xardín botánico Xosé do Canto onde hai especies vexetais raras.
O museo Carlos Machado onde se pode atopar unha ampla colección de pinturas, porcelanas, historias naturais, etc.
Convento da Esperanza, lugar onde se admira ó Santo Cristo dos Miragres.

A principal cidade de Sao Miguel é Vila Franca do Campo, onde podemos encontrar moitos templos, como a Igrexa de Sao Pedro cunha fachada barroca do século XVIII, a de Santo André fundada en 1567, e a igrexa de Sao Miguel, que pertence ó século XV. Outros puntos importantes da vila son O Convento de San Francisco ( século XV ) e a ermida da Señora da Paz.

Outra cousa importante para destacar da illa é a gran gastronomía da que se pode degustar con pratos exquisitos como caldeiradas de peixe, cocido de furnas, diversos mariscos, piña, queixos, licores, té e bolos lévedos.

A República de Cabo Verde sitúase no Océano Atlántico, no extremo occidental de África. É un arquipélago de orixe volcánica, fronte ás costas de Senegal. As 10 illas e 5 illotes estaban deshabitadas ata que foron descubertas no século XV polos portugueses. A maior parte dos actuais habitantes de Cabo Verde descenden de dous grupos: colonizadores e escravos.

 
A súa capital é Cidade de Praia, situada na illa de Santiago. Cobre unha extensión de 4033 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 499796 habitantes, e unha densidade de poboación de 118 habitantes por  quilómetro cadrado. A nacionalidade dos seus habitantes é a de caboverdiano.

 

O seu presidente actual é Pedro Pires.

Lograron a independencia de Portugal na década de 1970.

Mozambique é un país do sureste de África, á beira do océano Índico. Limita ó norte con Tanzania e Malawi, ó noreste con Zambia, ó oeste con Zimbabwe e ó sur con Suráfrica.

       O seu sistema político é unha democracia multipartidista, cuxo actual presidente é Armando Emílio Guebuza.

       O seu territorio ocupa unha extensión de 799.380 km2 e está dividido en dez provincias: Niassa, Cabo Delgado e Mampula ó norte; Zambézia, Tete, Manica e Sofala no centro e Inhambane, Gaza e Maputo ó sur, sendo esta última a súa capital. Ten unha poboación de 19.406.700 persoas.

       É membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa e ,polo tanto, a súa lingua oficial é o portugués. Foi colonizado por Portugal no século XVI. Conseguiu independizarse o 25 de xuño 1975 pola acción da guerrilla e pola Revolución dos Caraveis (revoluçao dos cravos) en Portugal.

       O portugués é a lingua oficial de Mozambique, pero tamén ten máis de quince linguas nativas, coma o suailí ou o zulú.

Vouvos dar algúns datos dun país lusófono que é gran descoñecido para a inmensa maioría de nós

A República Federativa do Brasil é o maior e máis poboado país de América do Sur. Linda principalmente con Venezuela ao Norte, ó Sur  fai fronteira con Arxentina e Paraguai, ao oeste con Bolivia e Perú, e ao noroeste con Colombia.

53 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.