Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Celebración de Santa Icía na comarca
Como xa saberedes, o sábado 22 de novembro é o día de Santa Icía, patroa dos músicos, e como ben sendo habitual nestas datas, haberá actuacións musicais practicamente en tódolos recunchos das vilas. Para quen queira disfrutar de música en vivo nesta fin de semana, aí van algunhas ideas:
Hoxe venres 21, ás 20.30 h. no Coliseo Noela de Noia, a Compañía Lírica de Galicia ofrecerá un concertó de ópera e zarzuela.
O sábado 22 na Igrexa de San Martiño, tamén en Noia, actuarán a Coral noiesa, o Coro da Escola de Música de Carnota e a Coral Polifónica de Bugallido.
En Ribeira, a Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial, celebrará na igrexa parroquial un festival no que participarán, ademais de dita coral, a Coral San Xoán de Serres e a Coral Baldomar de Boiro.
Na Sala Ardora de Porto do Son actuará o dúo Dandys Acústicos de Queiruga.
O domingo 23, tamén na igrexa de Noia, ás 20.30 h. a Banda Municipal de Lousame, dará o concertó de clausura.
En Mazaricos actuará o grupo de pandereteiras Leilía a partires das 17.00 horas.

Seguro que todos/as vós coñecedes a alguén que ronca, pois debedes saber que detrás dos ronquidos hai, como mínimo, unha obstrución nalgún lugar da vía aérea; podendo chegar a ser unha enfermidade como a que vos presento a continuación, que pode desencadear, se non se trata, ata un infarto ou unha embolia cerebral.

                    

Ola a todo o mundo, xa ai un mes que estreamos este curso e aínda que parece que o centro está tranquilo non vos fiedes, isto empézase a mover, estanse a preparar moitas actividades desas que nos gustan a todos/as, as saídas fóra do centro, para saír do ambiente de todos os días. Para que vaiades facendo plans mostrámosvos cales son as actividades previstas para este primeiro trimestre.

Damos comezo a un novo ano, un novo curso no IES Félix Muriel e voltamos ao traballo nas oficinas do Equipo de Normalización Lingüística, con moitas ganas de comezar a facer artigos e entrevistas do voso interese, para que vos poidades informar sobre as novas do centro e do mundo do estudante, así como outros temas da nosa cultura e da nosa lingua. Tamén levar a cabo os proxectos que levamos maquinando dende fai un tempo para a revista Bico da ría e para o blog O castelo da lúa, onde esperamos recibir as vosas propostas. Encargarémonos tamén de laborar a campaña do Día das Letras Galegas do 17 de maio de 2009, así como moitos outros traballos co fin de atraer a máis compañeiros (tanto alumnos/as como profesores/as) ao noso Equipo e sobretodo, co mesmo propósito de sempre: normalizar a nosa lingua.

Quero rematar cun parágrafo extraído da revista Retranca:


A disipación dionisíaca do verán deixa paso ao recollemento, á meditación, á nostalxia. Tempo de lembrar aos mortos e de facer o viño para os vivos. Tempo de botar contas, de recuperar a rutina do traballo dignificante e de varrer as follas vellas. Tempo de espiritualidade, tempo de cultura. Pasou o verán e a cultura vén de camiño (Retranca, outubro 2008).

 

Un comerciante inventa unha estratexia durante as rebaixas coa finalidade de non perder nin un céntimo dos seus beneficios e ao mesmo tempo atraer aos compradores:

 

  • Primeiro sobe todos os prezos dos seus productos un 30% sen que ninguén o saiba.

  • Despois ofrece unha rebaixa do 30% a todos os seus clientes.

 

A chegada de alumnado novo ó centro e mais o despiste de moitos dos que xa estaban o ano pasado motivou que fixésemos en tres quendas diferentes unha presentación das nosas actividades, centrándonos sobre todo na revista dixital e no blog.

 

No mes de setembro empezamos a ver nos nosos bosques unha especie cada vez máis numerosa: os buscadores de cogomelos. O interese polos cogomelos  aumentou notablemente nos últimos anos, e cada vez son máis as persoas que saen a collelos co grande risco de que alguén apañe e coma  cogomelos tóxicos, ás veces por decoñecer ou desprezar as graves consecuencias dunha intoxicación, outras pola falta de experiencia para distinguir con toda seguridade os comestibles daqueles que non o son ou por confiar en falsas probas de que son comestibles. O recoñecemento dos cogomelos é producto dun coidado e minucioso exame dos distintos exemplares, así como da experiencia acumulada despois de moitas saídas ao monte. Dado que o aspecto dun fungo pode variar por motivos moi variados como a choiva, o sol, a calor, é importante ter visto os mesmos cogomelos en distintas condicións para realizar unha precisa indentificación.

O alumnado de 1º e 2º de ESO do noso IES participa, un ano máis  no CINENSINO, un programa de prevención de drogodependencias que se engloba dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.

786 Artigos |   | 1  |   | 93  | 94  | 95  | 96  | 97  | 98  | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.