Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Desde www.consellodacultura.org poderase reproducir ou descargar dez documentos sonoros con fragmentos de entrevistas, reflexións, programas radiofónicos e intervencións parlamentarias protagonizadas por Ramón Piñeiro (Láncara-Lugo, 1915-Santiago de Compostela, 1990) , a quen este ano se dedica o " Día das Letras Galegas " e que foi unha figura relevante do galeguismo tanto no ámbito político (membro do Partido Galeguista ) e cultural (fundador e primeiro director da Editorial Galaxia e da revista Grial ) ademais de ser deputado do Parlamento de Galicia e  Presidente do Consello da Cultura Galega (1983-1990).

Estes documentos están a disposición do público sempre que non se lle dean un uso comercial . Os documentos son os seguintes:

Tertulia sobre as Fundacións (Radio Nacional de España), doado por Avelino Pusa Antelo.
Da terra e dos tempos. Emisión cultural en galego (Radio Nacional de España), doado pola Asociación Cultural “O Facho”.
Reflexións sobre o galeguismo. Tres conferencias. Doadas polo Liceo Recreo Ourensán e dúas polo semanario “A Nosa Terra”.
O Espello: Trinta anos de Galaxia. (Radio Popular de Ferrol). Doado polo Patronato de Cultura Galega de Montevideo.
Debate da Lei de Normalización Lingüística. Doazón do Parlamento de Galicia.
A intervención de Ramón Piñeiro na clausura do Encontro sobre culturas minoritarias europeas, celebrado en Compostela en 1987. E dúas entrevistas doadas por Antón Mascato.

Pódese escoitar musicado por Roi Casal en YouTube.

A Real Academia Galega (RAG) acaba de distribuír o segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04), correspondente aos usos lingüísticos, e no que se constata un forte descenso do uso do galego nos últimos anos.

AO COIDADO dos responsables e membros dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do centros de Ensino Infantil, Primario e Secundario.
 
Ola a todos/as.
 
Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información  (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:
 
-Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se quere derrogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.
 
-Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.
 
Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos motivos que foren non leron esta información.
Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder traballar para conseguir obxectivos normalizadores.
Por favor, confirmade asistencia.
 
Saúdos a todos/as.
 
P.S. Incluímos un mapa para chegar ao IGI.

Vaise derrogar, seica impón o galego. Pero… Quen sabe o que di o Decreto? Resumimos o máis importante, e vós xulgade:

A min envíaronme como embaixadora do Félix Muriel carrexando unha maleta ateigada con folletos turísticos, coas camisetas do ENDL, cos murais de presentación de 1º A … e cunha mostra da nosa música –os CDs OS QuinSe MáiS VotadoS elaborado o curso pasado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL), que podo asegurar que tiveron un éxito espectacular entre o alumnado do KBS.

Escollemos varios lugares que nos gustaría visitar en Lisboa. Estes son: O Castelo de Sao Jorge, o elevador de Santa Justa, a Torre de Belén, a Praça do Comercio, o Rossio, o Mosteiro dos Jerónimos e Alfama na que encontraremos as mellores vistas da cidade grazas aos seus miradores. Esperamos que non nos defrauden.

Dende o luns 16 de marzo ata o 3 de abril de 2009 no noso centro de ensino, o IES Félix Muriel, contaremos coa exposición "A Europa das Linguas" que con anterioridade pasou por outros centros educativos  ou culturais de todo o territorio galego. Agora, por primeira vez, chegou á nosa comarca, da man de varios centros que formamos parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza, do que o noso ENDL forma parte, que organizan esta exposición promovida pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG).

Nesta exposición que estará situada no espazo de entrada do IES, poderemos observar 40 paneis ilustrados con fotografías, debuxos e gráficas a toda cor. A información que achegan fai un percorrido polas lenguas de Europa para cegar a compara a situación da lingua galega con outras linguas.

Todo o alumnado do centro visitará nalgunha sesión do seu horario lectivo esta exposición. Para a súa maior comprensión e análise contarán cunha unidade didáctica para traballar estes contidos relacionados coa sociolingüística. O lugar onde se expón –a entrada do IES- permítelles tamén afondar no seu estudo no tempo de lecer.

 

Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel queremos convidar aos pais e nais do alumnado, e ó resto dos cidadáns do concello, a visitar esta exposición que cremos de grande interese.

 

786 Artigos |   | 1  |   | 85  | 86  | 87  | 88  | 89  | 90  | 91  | 92  | 93  | 94  | 95  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.