Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Un grupo de alumnas de 2º de bacharelato elaboraron un vídeo para ensinar a facer filloas. Foi alá no entroido, pero como o curso se lles veu enriba, non deron rematado a edición ata hai pouco, cando lle axudaron dous compañeiros. O caso é que as filloas están boas en calquera época do ano, así que non deixedes de velo.

Polo seu interese, deixamos aquí unha tradución ao galego dun artigo que se publicou en El Español o ano pasado. O título do artigo é “O que agochan os pais españois cando lle falan en inglés aos seus fillos” e xa o subtítulo está moi ben escollido. Non deixedes de lelo, porque aínda que se […]

Desenvolvemos durante este curso varias actividades  referentes ao mundo da lusofonía. As celebracións máis destacadas, centráronse no aniversario do 25 de abril, o 6 de maio, Día da Lingua Portuguesa cun recital de poemas de escritores e escritoras de tódolos tempos recitados polo alumnado que cursa esta lingua e por profesorado que manifestamente expresa nun acto […]

18489832_654247008114540_3977633774812680787_o (1) 18527084_654246824781225_617558676726156685_o 18527498_654246834781224_2842023861591835397_o (1) 18556879_654247281447846_5277187889385308274_o 18451469_654246838114557_3838411866693534771_oUn grupo de alumnos do noso I.E.S foi gañador do 1ºpremio STARgal Avanzado que organizaba o IES A Cachada co gallo das Letras Galegas e co que gañaron un robot Scornabot.

Londres2

Por Laura Fandiño Doval e Iria Victoria Vidal Figueira.

O mércores pasado, día 7 de xuño,  recibimos no IES  o alumnado do Colexio español en Londres, o Cañada Blanch. Neste centro o alumnado pode cursar a materia de lingua galega e foi o alumnado de secundaria que estuda a nosa lingua o que se achegou ao noso centro para pasar unha xornada de convivencia connosco dentro dos catro días que pasaban en Galicia.

Por Gabriel Figueira e Laureano Figueira O pasado  venres 2 de xuño de 2017,  chegaron ás 11 da mañá un grupo de alumnos e alumnas, xa coñecidos e amigos nosos do “IES Aquis Querquernis de Bande”, aos cales recibimos coa rianxeira interpretada polo alumnado do equipo que toca na banda coa colaboración de Ramón Veiga. […]

O IES Félix Muriel é marco da novela do escritor rianxeiro e profesor de filosofía do centro.

Por Ricardo Losada

botamemarforaO sábado 17 de xuño preséntase no auditorio de Rianxo ás 19:30 horas a primeira novela da historia da literatura universal cuxo protagonista é un profesor do IES Félix Muriel de Rianxo. Chámase Alberte Hevia, é catedrático de Lingua Castelá e imparte como materia afín Filosofía. Vén a Rianxo escapando por inconfesables razóns da Coruña, e non tarda en namorar de Helena, unha rianxeira de fortes raíces mariñeiras. O autor da novela, X. Ricardo Losada, profesor de Filosofía deste mesmo instituto, escribiu a novela para contestar esta pregunta: pode ser boa a educación que se imparte nun instituto cuxo equipo directivo está planificando o curso mentres nas rúas históricas da vila se celebra o feirón mariñeiro? Como poden educar as novas xeracións de rianxeiros uns tipos que nunca foron membros dunha ghuadalupeña? O profesor Losada promete contestar esas preguntas o día da presentación, polo que considera moi conveniente que toda a comunidade educativa do IES Félix Muriel acuda a ese acto.

Aquí queda o video da actividade final de cohesión TEI no que participou o alumnado de 1º e 3º de ESO. Sobra dicir que a máis da vistosidade do resultado, todo o proceso foi moi gratificante e a participación increíblemente satisfactoria para o alumnado e o equipo TEI de profesoras e profesores. Agora só queda […]

786 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.