Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

 

   Por Alex Mariño (1º ESO A)

IMG_2631

Rianxo é unha pequena vila de Galicia que quere un centro de día.  Para os que non saiban que é un centro de día direivos que se trata dun sitio no qu

e coidan a persoas dependentes (na maioría dos casos da terceira idade ) durante o día e que van á súa casa pola noite para durmir.

Seguimos con actividades para promover a ciencia en galego. Dada a temática deste ano, deixámosvos este vídeo moi bo sobre Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica.

A  Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos (Teo-A Coruña) celebra este ano a 14ª edición do Concurso de Poesía Anomar, que como novidade nesta edición creo un enderezo de correo electrónico propio para o concurso, e así evitar que se perda algún poema nos correos diarios que recibe a entidade:  As categorías do concurso son: – […]

Para todo o alumnado do IES ao que lle guste escribir… un aviso importante: Está en marcha o II Certame de Narración Breve Mestre Manuel Gacio. Deixámosvos as bases, lédeas con calma e animádevos a presentar os vosos escritos porque o premio é  moi interesante!

vilar-2No café-restuarante O Vilar, na rúa dabaixo de Rianxo hai unha carta moi especial. E destaca non só por estar en galego (que tamén), feito polo que felicitamos aos propietarios, senón porque ademais fai unha difusión cultural interesante a través dos nomes das súas hamburguesas.Menú O Vilar

Claro que  a un pódelle gustar moito como escribe Rosalía e logo preferir a hamburguesa Pondal, porque nisto da comida hai pode máis o estómago ca a cabeza.

fatima premioFátima Ordóñez e Laura Conde, alumnas que estudaron 2º de Bacharelato este ano no IES Félix Muriel , estiveron todo o curso traballando na campaña “Normalizando desde a antroponimia” que se desenvolveu dentro do Proxecto do Equipo de normalización de dinamización da lingua galega, titulado “Aspiramos a ser simplemente un paraíso lingüístico”.

A investigación realizada sobre os apelidos de Rianxo presentárona ao I Premio de investigación lingüística e etnográfica sobre lingua e culturas galegas Marcosende e GAÑARON! Onte, 21 de xuño, procedeuse á entrega de premios na Reitoría da Universidade de Vigo a onde acudiu Fátima para recibir da man de Henrique Costas, promotor do Premio, un diploma e mais unha tableta que correspondía ao 1º premio. Parabéns!

Na web da Universidade de Vigo dáse conta da noticia.

Todo o traballo feito dentro desta campaña podedes velo na web RianxoFala, sección Antroponimia.

  Durante este ano, deportistas estudantes no Félix Muriel, acadaron grandes marcas neste eido. Facemos mención a Arancha Rodríguez do club de piragüismo de Boiro que participou de forma exitosa no Campionato de España e Fátima Ordoñez Muñiz  Campiona de España Piragüismo 500 m categoría xuvenil. Ademais, no  Campionato de España de Voleibol de Seleccións […]

786 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.