Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.
Chega a segunda edición de Youtubeir@s, o concurso organizado por servizos de normalización lingüística da Administración local e das tres universidades galegas para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube. Xa está aberto o período de inscrición de vídeos e canles até o 15 de marzo de 2018.

dia de rosaliaEsta semana temos aberto o prazo para anotarse no concurso de lectura e recitado “Rosalía sempre viva” que se vai celebrar no noso IES a semana do 19 ao 23 de febreiro.  En cada aula hai unha folla para facer efectiva a inscrición. Tamén podedes anotarvos para unha lectura colectiva e facédelo na mesma ficha. Aquí deixámosvos as BASES para que vaiades preparando os vosos textos ata a data. Tamén un enlace para que escollades poemas, ben de Cantares Galegos, ou ben doutra obra en galego. Se preferides descargar un arquivo en pdf cunha breve selección, só tendes que entrar no artigo.

Selección de poemas (PDF)**TECÍN SOIA A MIÑA TEA…
**AS VIÚDAS DOS VIVOS E AS VIÚDAS DOS MORTOS) FOLLAS NOVAS 
**XAN (DA TERRA) FOLLAS NOVAS 
**CANTARES GALLEGOS 
**NEGRA SOMBRA, FOLLAS NOVAS 
**UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO… FOLLAS NOVAS 
**Amores cativos 
**PRÁ HABANA! (AS VIÚDAS DOS VIVOS…)FOLLAS NOVAS --CAMPANAS DE BASTAVALES. CANTARES GALLEGOS --De soidás morríase
**As Torres de Oeste)

O Patrimonio Cultural Inmaterial está constituído, segundo a UNESCO, polas tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativas á natureza e ao universo e os saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional”. Dende principios do século XX, este conxunto de expresións, herdadas do pasado e transmitidas de forma oral, atoparon na fotografía un valioso rexistro documental e moitas foron as imaxes que se tomaron das expresións culturais espalladas ao longo da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.

Por Laura Vicente, Noa Piñeiro e Silvia Rial (2º ESO D)

IMG_20171218_162948_898 O pasado luns 18 de decembro tivemos o pracer de coñecer ao grupo musical Ezetaerre, composto por, Juan, Miguel e Pedro. Presentáronos os nosos compañeiros Bernal Muíños e mais Brais Rodríguez. Houbo moitos espectadores no salón posto que é un grupo musical moi bo ao que moitos estudantes do centro lle teñen moito cariño e son seguidores dende que comezou a compoñer o grupo.

Cartel_EZR_18D-1630_Rianxo

Como xa anunciamos no seu momento, o grupo Ezetaerre vai estar o vindeiro luns día 18 no noso IES de  16,30 a 18 h.  Grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Rianxo temos a oportunidade de que o alumnado do Equipo de normalización,  e mais algún outro grupo ata completar o aforo do salón de actos, escoite en directo a este grupo de hip-hop que emprega o galego para producir a súa música.

Segundo publicamos no cartaz elaborado dentro do noso proxecto de música en galego, o grupo está formado por tres mozos que comezaron a súa andaina no ano 2015 e ata o momento xa publicaron 3 discos.

Cartel_Sole-FellozareduNa mañá deste venres 24 de novembro celebraranse  dúas contadas da actriz, escritora e fotógrafa uruguaia, Soledad Felloza , unha para 1º da ESO (11,20) e outra para alumnado de 4º ESO (12,30h).

Baixo o título O comezo do mundo vai ofrecer   unha selección de contos e historias de mulleres, baseadas en mulleres ou que teñen un fío condutor común na orixe do ser humano e no valor da palabra.

Esta actividade pódese ofrecer grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.  A actividade pretende achegar o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, precisamente da man dunha muller (cando se celebra a semana en contra da violencia de xénero), que ademais é de fóra de Galicia pero que ao vivir na nosa terra asumiu a lingua do país como propia e que desenvolve unha parte importante do seu traballo en galego.

Vídeo moi interesante. “Sentir si é cousa de homes”

786 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.