Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

IMG-20180219-WA0023Desde o IES Félix Muriel queremos lembrar que hoxe é o Día Internacional da Lingua materna. Para iso inauguramos o pintado das columnas que unen os dous edificios, onde se pode ler o lema: “Rianxo medra, cando falas” ou ben “Cando falas, Rianxo medra”

IMG-20180219-WA0024

O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.

Agora que nos afeccionamos a isto da radio, queremos compartir convosco a Radio Bule-bule de Paco Nogueiras, que, por certo, vai emitir este próximo sábado 24 en Rianxo! Estade atentos para ir recoller as entradas unha hora antes de función (18,30) porque vai ser de balde, no Auditorio

Cartel_ROSALÍA_RIANXO_2018_1O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837.

A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e saboroso, no que se combinan rimas, poesías e contos para conmemorar o aniversario do
nacemento de Rosalía e achegarlle á rapazada rianxeira esta figura senlleira da nosa cultura e da nosa literatura.

Carteis_anunciar_ROSALIA_color_005

Comeza hoxe a Semana de Rosalía no IES Félix Muriel. Imos homenaxeala, entre outras cousas, coa lectura e recitado dos seus poemas no Salón de Actos. Será no 1º e no 2º recreo (do luns 19 ao xoves 22).

Está anotado alumnado de todos os cursos da ESO e tamén de bacharaleto.  Quen non queira concursar pode ler fóra de concurso e todo o mundo pode ir escoitar.

Carteis_anunciar_ROSALIA_color_000 O xurado está presidido pola profesora de latín e grego, Ana Rivas e sempre acompañada por tres persoas máis, de diferentes departamentos: inglés, francés, matemáticas, economía, lingua española. Dado que non todo o profesorado pode estar en todos os recreos hai  dúas persoas fixas e outras que só poden estar en dous ou tres recreos e que nos outros son substituídas. Con todo, comparten as fichas coas rúbricas de avaliación  polo que non hai dúbida na cualificación.

IMG_20180206_140129_864Rapazada de 1º ESO, moi ilusionada coa radio pero con aínda moi pouca experiencia, aceptou o reto de facer un programa especial dedicado ao deporte,  tema escollido para conmemorar este ano o Día Mundial da Radio, que se celebra o 13 de febreiro. E fixérono moi, moi ben!  Parabéns para o grupo e felicitacións por tanto esforzo.

Desde o ENDL, quixemos que RianxoFala se sumase á iniciativa que nos chegou desde “Ponte nas ondas”, e aquí queda a nosa contribución que enviamos para “Escolas nas ondas”. Esperemos que vos guste.

O noso agradecemento a Chema Bará e a Ánxela Diéguez, polos obradoiros e a axuda recibida.

Facendo a primeira proba para a gravación do programa de radio RIANXO FALA dedicado ós deportes polo alumnado participante neste proxecto radiofónico do IES Félix Muriel. Na seguinte noticia tendes o podcast do programa completo.

Por Marta Figueira, Sabela Loureiro (1º ESO A)

O pasado venres 2 de febreiro, visitounos Marcos Botana, peliqueiro de Castro, no concello de Laza. Explicounos as diversas prendas que visten, o ritual que teñen para poñer o traxe e o procedemento que seguen para completar a súa aprendizaxe. Quedounos moi claro que o de peliqueiro non é un disfraz, é un traxe e Marcos lévao con moito orgullo e respecto.

Todo o alumnado de 1º ESO puidemos ir escoitalo. Para os que non puidestes ir e tendes interese en saber máis sobre este entroido tradicional,  podedes escoitar a entrevista que lles concedeu aos nosos compañeiros (Alex e Raúl) no seguinte video, montado con imaxes e vídeos que el mesmo nos falicitou e outras que atopamos pola rede. Non o perdades!

Por Zaida Vidal e Elena Ramos

O pasado luns 22 de xaneiro  comezaron as charlas da Garda Civil no noso centro. Durante catro días estiveron falándonos, a todo o alumnado da ESO sobre diferentes temáticas. O luns empezaron dándolles unha charla ós nenos e nenas de primeiro da ESO, sobre novas tecnoloxías e o martes 23 seguiron cos de segundo da ESO, e faláronlles sobre o acoso escolar.

786 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.