En marzo deste ano 2018 vén de celebrarse o 90 aniversario da
publicación do poemario de Manuel Antonio De Catro a Catro. Follas sen data dun diario de abordo. Con motivo desta data tan sinalada, desde o concello organizaron unhas actividades para conmemorar a publicación desta obra e dar a coñecer a poesía do ilustre escritor rianxeiro. Propuxéronnos participar, xunto co resto dos centros de ensino do concello, tanto na lectura dos poemas de Manuel Antonio o pasado día 23, como a realización de murais e debuxos sobre a temática que ocupan os seus versos. Nós elaboramos no centro un dos murais que se colgaron na casa de Manuel Antonio e tamén colaboramos na escrita dos seus poemas nas rúas da vila. Colaboramos na elaboración de follas para colgar nas árbores das rúas do centro con termos propios dos seus poemas.
AMIPA son as siglas que corresponden a ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA COMARCA DO SAR. Estiveron con nós na Semana Solidaria.
Fórmano un grupo de persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais e persoas voluntarias, son persoas cun proxecto compartido.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Soubo da nosa Semana solidaria e enviounos este audio felicitándonos.
A exposición do Mundo Máxico de Antón comezou hai dous anos, cando Antón tiña 10.
Antón, que vive en Portosín, ten TEA ( Trastorno do Espectro Autista) o que fai que vexa a realidade doutro xeito, e, a través do debuxo, que o permite expresarse onde as palabras non lle saen, comunícase co mundo.
Os debuxos que temos expostos no instituto percorreron xa, varios concellos: Serra de Outes, Ribeira, Santiago. E foi premiada en Madrid, no Círculo de Belas Artes.
Hoxe celebramos o último día da Semana dedicada a homenaxear a Rosalía de Castro. Durante os recreos, cun Foto-Col de Rosalía que sorprendeu a case todo o mundo. Houbo fotos e houbo coles, versos de Rosalía e Caldo de Gloria
Desde a Fundación Rosalía de Catro queren conmemorar o Día de Rosalía (24 de febreiro) lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz.