Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

imagenapp_concursoFeiraco Lácteos, SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou o VII Certame de Relatos Breves Feiraco, co fin de promover o coñecemento, o uso e a divulgación da lingua galega. Os traballos presentados ata o pasado 20 de maio tiñan que  comezar coa frase: “Subiu ata o faiado da casa e alí…”, en homenaxe a María Victoria Moreno. Se ides á web de Feiraco no apartado do VII certame de microrrelatos, podedes ler un lote deles: https://feiraco.es/gl/alimentando-un-xeito-de-ser/vii-certame-de-microrrelatos-feiraco/

A viaxe de Gagarin

Por Coral Romero

Amor, angustia, felicidade, medo, esperanza, represión… termos que definen á perfección os elementos centrais desta novela. a inocente vida dun neno vai evolucionando de dous xeitos paralelos: por unha banda, a incerteza dos estraños asuntos “ilegais” que envolven a vida dos seus pais; e por outra, o espertar sexual que a adolescencia e, o “verdadeiro” amor, lle fan experimentar.

Por Nuria Tubío

IMG_0314Marina Hortensia Riveiro é unha rianxeira que destaca por ser das primeiras empresarias que fundou unha fábrica de roupa para mulleres. Ela leva 48 anos no sector, é dicir, dende 1970. Concedeunos unha entrevista na que nos contou cousas moi interesantes sobre a súa historia.

  • A que idade empezaches a interesarte pola costura?

Pois xa dende ben pequena, tería uns nove anos, ía para a casa dunha veciña. Alí eu cosía cousas coa máquina que ela tiña, e sempre que eu faltaba na casa sabían que eu estaba alí cosendo porque era realmente o que me gustaba facer.

  • Nun momento en que había moitas mulleres que cosían nas casas e para fóra, como decidiches montar unha fábrica?

Por Coral Romero O pasado 26 de abril do 2018 foi un día triste para todas as mulleres do mundo. Os nosos dereitos foron “pisoteados”, a nosa moral destruída e a nosa visión do mundo moito máis gris. Vivimos nunha sociedade que se cre defensora dos dereitos de todas as mulleres, de protexernos e proporcionarnos […]

Non deixedes de escoitar a deportistas da nosa terra dar a súa opinión sobre a nosa lingua. En galego. Vídeo feito para os Encontros para a normalización lingüística do Consello da Cultura Galega, que este ano se centrou no ámbito deportivo.

Foto-familia-RianxoO Club de Debate é un proxecto para a dinamización lingüística entre a mocidade
organizado polos Servizos de Normalización Lingüística de once concellos nesta edición de 2018: Ames, Carballo, Dodro, Ferrol, Narón, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, coa colaboración dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino secundario. A súa finalidade é contribuír ao uso oral do galego entre a mocidade e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal, promovendo a reflexión e o intercambio de opinións.

Por Paula Cambeses (2º Bac. A)

O venres vinte e trPaula Cambeses e Mónicaes de marzo, dous compañeiros e máis eu, animados pola profesora Mónica Iglesias, decidimos ir á facultade de química de Santiago de Compostela co obxectivo de presentarnos a XXXV edición da olimpíada galega de química. Esta fase consistía basicamente en dúas probas cunha duración dunha hora cada unha. A primeira estaba composta por un total de vinte e dúas preguntas tipo test relacionadas con contidos vistos durante os dous anos de bacharelato. Na segunda parte, había que resolver dous problemas e un caso práctico, no que se debía calcular a cantidade de sulfitos presentes nun viño de Chantada.

O vindeiro sábado 7 de abril, o auditorio de Rianxo vai acoller a FASE LOCAL do Club de
Debate 2018, na que participarán, canda o alumnado do IES Félix Muriel, os equipos dos
IES de Pontevedra, Marín e Dodro incluídos nesta fase local.

786 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.