Por Sara Tubío Rial 3ºA
Dende sempre o mar en Rianxo tivo unha gran influencia e deu lugar a traballos como o das mariscadoras. Actualmente esta profesión emprega a numerosas rianxeiras, máis que antigamente.
Para explicarnos un pouco máis sobre o tema responderanos a algunhas preguntas Helena, unha rianxera de 79 anos que, como a meirande parte das mulleres da súa época, adicouse ao marisqueo, ademais de coidar da casa e dos fillos, mentres o seu marido estaba embarcado en alta mar.
Hoxe, 10 de xuño, celébrase o Día de Portugal, de Camões e das comunidades portuguesas. Como é “feriado” (festivo) en Portugal, a profesora do Instituto Camões que está no noso centro traballando -Teresina Preto- non acode hoxe, polo que acordamos realizar as actividades programadas para este día, o pasado martes 7. Sacamos moitas fotos nun lugar moi ambientado…
Por Paula Ordóñez
Para que sexa posible o traballo no mar hai persoas que traballan indirectamente. Hai redeiras que fan as redes para pescar, carpinteiros de Ribeira que constrúen os barcos, ferreiros que fan rastros e outros utensilios necesarios para conseguir peixe e marisco e mecánicos navais que arreglan os barcos.
Veño de entrevistar a Alejandro Ordóñez, mecánico naval que fala sobre as diferentes embarcacións
Por Arancha Rodríguez e Lorena Gómez (2º ESO B)
O domingo 22 de maio do 2016 no artigo “Deixándose a pel e ata o corazón na auga” no xornal La Voz de Galicia, presentaban ao boirense Rubén Fernández; que, xunto a tres compañeiros, gañou o terceiro posto no campionato do mundo de piragüismo.
Empezou xogando ao fútbol cos cadetes do C.D. Boiro, pero cansou dese deporte e dicidiu seguir o consello de seu primo uníndose ao Club Piragüismo Rías Baixas-Náutico Boiro de Escarabote. Isto foi no verán de 2013.
O escritor Xesús Costa Rodil, exprofesor do noso centro, escribiu o seguinte texto para ler o día de hoxe, 4 de xuño de 2016, na celebración do 25 aniversario do noso IES. Por motivos de saúde, tiveron de darlle lectura dúas profesoras do centro que transmitiron todas as ideas que el desexaba que se tratasen no debate que a continuación mantiveron os exdirectores do centro.
Podedes ler o texto completo a seguir, baixo o título “Sociedade, educación e sistema económico: reflexións simples”.
Xa hai case un mes que celebramos o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura na CPLP. Coa axuda da profesora de Portugués Lingua Estranxeira enviada polo Instituto Camões, conseguimos argallar un día moi especial no IES. Desde o ENDL aproveitamos para reafirmar a mensaxe de que o galego ten como valor engadido a súa […]