Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

O alumnado de Técnicas de Laboratorio de 2º de bacharelato elaborou un mural da táboa periódica, está situado no corredor onde se atopan os laboratorios. Grazas a Aida Barros, alumna de 1º bacharelato A, por facer o retrato de Dmitri Mendeléyev: químico ruso, célebre por ter descuberto o patrón oculto no que agora se coñece […]

arrolos Arrolos de Rianxo é un proxecto que está a desenvolver o Concello e ao que, por convite da Concelleira Hadriana Ordóñez, nos imos sumar para achegar o noso gran de area.

O alumnado está comezando o proceso de recollida de arrolos polas casas, que se sumarán aos que xa se estiveron xuntando coas persoas que acuden aos talleres de memoria.

Escoita os arrolos que cantan as veciñas de Rianxo, a ver se os coñeces!

 

 

Un material para que poidamos ter nas aulas ao servizo do profesorado e do alumnado. Nel temos información que fomos seleccionando e traballando arredor do homenaxeado neste ano nas Letras Galegas. E como aínda no 2016 comezamos o seguinte curso, acordamos que podía ser bo motivo para realizar a axenda na que poidamos anotar os exames, tarefas e demais cuestións que afecten ao traballo de cada grupo-aula.

Caderno de aula (Letras Galegas 2016)

ElenaVillar RianxoEscribir, tirar do fío para dispoñelo en urdas, para pasar a trama, para facer a tea: tecer. Tecer a vida cara adiante como as hedras da clepsidra  poboan o tempo que flúe. Tecer a vida cara atrás como quen remonta o río e volve a onde só a palabra recupera os instantes. Recoller palabras de noso, tal abelorios, e nomear o mundo igual que se bordara as formas dos soños que fabula. Tiña que ser así porque Helena medrou entre fíos na xastrería familiar, primeiro ensino, primeiro ateneo, onde se recitaban os clásicos,  se interpretaba bel canto  e desfilaban historias e personaxes,  segundo ela mesma refire. 

A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2016 a Helena Villar Janeiro.  Entregaráselle en Rianxo o 25 de xuño, na que será a vixésimo segunda edición.

Yolanda Figueira (4º ESO B), alumna de comunicación audiovisual, baixo as directrices de Xohán Brión, vén de realizar esta excelente curtametraxe que ten como tema central o mar de Rianxo.

Despois de ver a curta, podedes ler a súa experiencia na elaboración da curta

Remata o curso e rematamos a homenaxe que levamos meses facéndolle ao autor da Terra Chá cun videopoema que elaborou Sara Tubío Rial de 3º ESO

Non perdades de ver este vídeo no que dúas alumnas do centro, Alexandra Moares e Carla Pedrouzo, falan da súa experiencia no Club de remo de Rianxo e aproveitan para darnos unhas explicacións moi últiles sobre este deporte, centrándose sobre todo en que consisten os seus adestramentos. José Caamaño foi o encargado de realizar a gravación.

Paula Ordóñez elaborou este vídeo ao que lle puxo a súa voz lendo o poema Bando de Manuel María

786 Artigos |   | 1  |   | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.