Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Por Fátima Ordóñez (2º Bac. A)

IMG-20170107-WA0014A importancia da figura de Castelao na literatura e na cultura galega é inmensa. Proba disto foi a gran conmemoración do 66 cabodano da súa morte que tivo lugar no Panteón de Galegos Ilustres, xusto diante do sepulcro do propio rianxeiro, organizada pola Fundación Castelao o pasado 7 de xaneiro.
O alumnado do ENDL do IES de Rianxo foi convidado a asistir ao acto e participar na lectura de varios fragmentos do seu famoso discurso “Alba de Gloria”. Este era pronunciado o 25 de xullo de 1948 (dous anos antes da súa morte) dende Bos Aires. O inicio do discurso constitúe un dos textos máis emocionantes escritos dende o exilio galego. Cos miles de quilómetros de separación da súa propia terra, Castelao naquel día da festa nacional sente e evoca a terra da que se exiliou despois do golpe militar.

Por Manuel Losada Figueira (2º ESO E) Os Rosales foi un grupo de músicos tradicionais de Asados, Con cello de Rianxo. Eran asiduos das festas populares e romarías de toda Galicia.O grupo caracterizábase en que moitos dos seus temas eran cantados. O repertorio tiña temas de composición propia pero con raíces da tradición musical galega, que […]

IMG_20161221_133730Hoxe, 21 de decembro, pechamos un trimestre que desde o ENDL dedicamos á música en galego cunha xincana especial e un pequeno concerto d’Os Rosales.

Ademais de xogos que se facían a ritmo da música dos grupos actuais que empregan o galego e mais dun divertido Galeoke, alumnado e profesorado aprendeu en seis charlas-obradoiro con músicos do concello de Rianxo e mais un convidado que chegou desde Trazo.

A Asociação Portuguesa de Apoio à Vítima (APAV) ten varias curtas nas que denuncia a lacra da violencia machista tamén no país veciño.

Nesta primeira, de medio minuto, xa pon por diante os datos, na segunda máis:

Aínda non tivemos a oportunidade de falarvos da exposición de Música galega que preparamos no centro e que hoxe acabamos de colocar.

Lámina da exposición do ENDL

Lámina da exposición do ENDL

A noticia da enfermidade de Fran Pérez, Narf, sorprendeunos hai uns días cando quixemos convidalo para a inauguración do noso modesto evento. Hoxe caeunos coma un caldeiro de auga fría a triste nova. A nosa pequeniña homenaxe ao seu grande traballo co cartaz que lle pertence na devandita exposición.

 

Permitímonos traducir este abecedario científico tan simpático que atopamos pola rede. Os científicos máis famosos de todos os tempos, caracterizados coas súas palabras.                                                  

día da cienciaO pasado venres, 4 de novembro, desenvolvemos a nosa pequena-gran reivindicación do Día da Ciencia en galego.  Toda a rapazada do Equipo preparou nun par de días unha xornada na que primaron os cartaces que eles e elas deseñaron. Anunciábase o Día da ciencia en galego pero tamén houbo moitas cartolinas con reivindicacións máis concretas do tipo : “O galego serve para as matemáticas ou para a tecnoloxía”,  “A Física tamén a poderiamos aprender en galego”…

786 Artigos |   | 1  |   | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.