Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Por David Galbán

A tranquilidade é un termo moi relativo. Unha persoa pode entender que está tranquila por non ter nada que facer, estar sentado/a facendo unha tarefa relaxante. Outras, pola súa parte, poden estar perfectamente tranquilas de festa con amigos polo simple feito de non ter preocupación ningunha na cabeza. Por isto, o ideal de vida tamén é propio de cada persoa, atendendo ó tópico de que non hai dúas persoas iguais. En moitos casos, sobre todo cando existe a posibilidade de elixir, créase unha relación entre o traballo ideal e o tipo de tranquilidade que alguén busca.

Por Fátima Ordóñez e Laura Conde 2ºBach A.

 2017_territoriocreacion

A Universidade de Vigo vén de convocar dous concursos dirixidos ao alumnado de 4º de secundaria e bacharelato dos centros de ensino de Galicia. Estariamos a falar de dous tipos de concurso. Por un lado, unha creación literaria, xa sexa en verso, prosa ou en forma de videopoema. Por outro banda, unha investigación lingüística en microtoponimia, en onomástica, en campos semánticos, en dialectoloxía, en sociolingüística…

Aquí vos deixamos un álbum coas fotografías da exposición  sobre os apelidos que está instalada no vestíbulo de entrada do edificio principal do instituto. Son nove paneis  nos que se dá información sobre a orixe dos apelidos, sobre a castelanización que sufriron moitos deles de orixe  galega, sobre cal é a forma correcta… Tamén podedes […]

Por Isabel Rial, Nerea Iglesias e Mª Teresa Novo

LOGO_WEB-011Boas a todos e a todas, como levades este tempo?

Queríamos propoñervos unha actividade para realizar nestes días de sol, animádesvos?

Explicámosvos en que consiste:

1. Reúne a algúns amigos ou atrévete a facelo ti só.

2. Grava un vídeo falando e facendo o que máis che guste ( Lémbrate que ten que ser en galego).

3. Edítao dunha forma orixinal.

4. Colgao en “youtube” co #Youtubeir@s ou achégao ao grupo de normalización.

Captura de pantalla de 2015-05-19 16:23:57

Por David Galbán (2º Bac. A)

IMG_20170214_133112Para a maioría da poboación, a poesía é concibida soamente como algo que nunha época tivo que ser estudada. Tristemente isto é algo moi xeneralizado, e moitas veces este feito provoca unha visión negativa sobre ela, converténdoa en algo elitista, inalcanzable para os non versados (nunca mellor dito), se ben é certo que algúns autores é o que buscaron. Fai hoxe unha semana que viu visitarnos unha persoa que buscou (e creo que en moitos casos conseguiu) abrirnos un pouco os ollos.

786 Artigos |   | 1  |   | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.