Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

descartesmatrixA identidade galega é realmente antiga. Con arredor de mil anos de historia, a nosa lingua e cultura foise artellando e configurando co paso do tempo até o que hoxe coñecemos como Galiza (ou Galicia, ou Nación galega, ou como diaños se lle queira chamar). Porén, boa parte da opinión pública nacionalista española leva décadas negando a relevancia e mesmo a existencia do Reino de Galiza. Ou non exactamente?

Unha parte da historiografía galega argumenta, por exemplo, que o Reino de Asturias nunca existiu tendo en conta os documentos escritos legados polos historiadores árabes, que denominan ao reino Galisiya ou Yilliqiya. Outra proba de peso á hora de demostrar a relevancia do Reino de Galiza é revisando os antigos documentos cartográficos ingleses, franceses ou italianos. Nestes mapas aparecía este reino, mentres que dentro do territorio español sempre se clasificou como un territorio vasalo de León, a pesar de que, efectivamente, contaba cunha nobreza propia. De feito, e como curiosidade, Filipe VI ten o título de rei de Galiza.

Se imos a unha aldea do País Vasco e a unha galega decatarémonos de que en ambas se fala o idioma propio de cada unha pero se imos ás cidades, no caso de Euskadi veremos unha escalada no seu uso. En Galiza iso non ocorre tan facilmente.

O éuscaro e o galego teñen o mesmo status oficial xa que son consideradas linguas cooficiais co castelán nos seus respectivos territorios. Pero as cifras do Goberno Vasco afirman que nos últimos vinte cinco anos o euskera gañou 223.000 falantes e continua día a día. Pola contra, o Instituto Galego de Estatística revela que se perderon máis dun 8% de galegofalantes en tan só cinco anos.

Isto é, moi probablemente, debido aos diferentes prexuízos establecidos, dende hai séculos en Galiza, sobre o galego que fan que deixe de usarse e non se transmita de xeración en xeración. Non ocorre así en Euskadi, alí a poboación en xeral ten unha conciencia lingüística positiva sobre o seu idioma e ben estruturada.

     Ser galego/a no século XXI dentro de Galiza é que che guste o cocido os domingos na casa da avoa e os pementos de Padrón na Pascua, fóra dela é o ser morriñento, lembrarse de Galiza cada vez que te vas. Ser galego é que che guste a festa, e tamén as verbenas no verán, aínda que chova na maior parte delas.

Outra das cousas que nos caracteríza de ser galegos/as son os instrumentos, como a pandeireta e a gaita nas feiras, nas que podes pasar todo o día polos postos. Galegos son os que van fóra de Galiza e automaticamente se lles recoñece polo acento. E tamén os que ven os anuncios do Gadis día si e día tamén.