Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Durante o mes de novembro celebrase o 3º día da ciencia en galego que promove o uso do galego en todos os ámbitos científicos e que contribúe a promover a investigación desenvolvida na nosa lingua. Este ano o día da ciencia está dedicado á tecnoloxía e fixándose singularmente en Leonardo da Vinci e en Ramón Verea.

A literarura é a arte de todas as artes, iso dicía Mercedes Queixas no seu artigo A hora das letras. Deixando de lado se é verdade ou non, todos sabemos o verdeiro asunto co que nos quere enfrontar a autora: “ A Lingua Galega non progresará se non é co apoio das novas tecnoloxías”.

A favor desta hipótese a autora preséntanos algúns argumentos como, por exemplo, o protagonismo que cobrou o televisor a costa dos libros servíndose da tópica frase de que unha imaxe vale máis que mil palabras.

Na nosa vida cotiá non resulta raro ver persoas pola rúa con mp3, escoitando música, ou rapaces xogando a videoxogos ou, mesmo, vendo un filme.

Porén, por que a literatura non ía servir para ou non se ía servir de estes medios? Aí están os e-book, libros dixitais creados nun espazo multimedia no que cun só clic calquera pode acceder ao significado dunha palabra que non coñece ou buscar un sinónimo da mesma.

No pasado século colocábase a literatura galega na adolescencia. Hoxe podemos falar de que acadou a madureza, pois conta con brillantes escritores e escritoras, recoñecidos incluso a nivel internacional traducíndose as súas obras a numerosos idiomas, e todos eles navegan xa entre as redes virtuais.

Concordo con Mercedes Queixas en que, sen a entrada da lingua nos medios dixitais, esta acabaría sucumbindo.

España destina anualmente 52.211 millóns de euros a educación publica, pero a pesar de iso a cifra de abandono escolar segue sen baixar. Dende o 2006 introducíronse propostas para reducir esta cifra de abandono pero ningunha funcionou. ¿Entón cal é o problema? ¿Porqué non funciona a escola pública? Un motivo é a falta de interés por aprender e traballar que hai nas aulas. A solución que propón o ministro Wert é crear unha escola elitista, onde se canalice aos estudantes hacia o camiño mais apropiado a súa fortaleza, e dicir que o estudante sen ganas de traballar vaise quedar fora do sistema educativo. Tamén propón crear unha escola mais barata reducido materias e profesorado xa que di que a calidade educativa debese medir en resultados académicos e non en número de centros e profesores. Entendo a necesidade de facer unha escola barata xa que en este país, viviuse a un nivel superior do que realmente se podía. A educación como todo tense que ver afectada polos recortes. Pero realmente esta nova lei non plántea ningunha solución que mellore a cifra de abandono escolar, e máis, esta medida fará que os estudantes con dificultades e sen aspiracións abandonen o instituto para entrar na carreira laboral, na que non van atopar futuro. Paréceme que esta nova lei de educación é totalmente incoherente e antidemocrática, xa que non se preguntou a opinión do pobo, que realmente é a quen lle afecta esta medida. Estas medidas provocan o retroceso do país. Desta forma estamos a desfacer o camiño que tanto nós levou construír.

Memoria visual e musical do labor realizado ao longo do curso 2011-2012 polo Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua, no IES Félix Muriel

Aquí están os videos da interpretación de Serafín no noso instituto, sobre a vida de Paz Andrade.

O pasado 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas, que este ano foi adicado a Valentín Paz Andrade, visitou o noso instituto Serafín Marcos, que nos mostrou máis de cerca o galardonado.

Non é soamente que nos contara cousas importantes da súa vida, senón que ademais fíxoo facéndonos rir, o que implicou que  a aprendizaxe fose entretida, e que nos serviu para coñecer un pouco máis a Paz Andrade.

Este ano, como en ocasións anteriores, o premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa da língua galega, foi entregado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL), representada por Valentina Formoso (IES Felix Muriel). O premio, foi entregado o pasado sábado 26 de maio no hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela. O xurado estivo formado por dous membros do Consello Directivo, dous representantes das comarcas que compoñen o CGENDL e unha persoa convidada que conta con coñecementos do ámbito seleccionado en cada elección. O gañador nesta edición foi Imaxin Software pola súa integración do idioma no Universo TIC, a innovación que ofrece ao cliente e a perspectiva global que ten de Galiza. O premio foi unha figura alegórica do artista Álvaro Negro. O segundo premiado foi R Telecomunicacións, e, en terceiro lugar, Alimentos Amorodo.

O 23 de abril celébrase o día do libro, conmemoración internacional que ten como obxectivo fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual a través dos dereitos de autor. A elección desta data non é casual pois conmemora a morte en 1616 de dous grandes autores: Cervantes e Shakespeare (aínda que a realidade non é exactamente así: Cervantes morreu o 22 e enterrouse o 23, mentres que Shakespeare morreu o 23 de abril do calendario xuliano, que correspondería en realidade ó 3 de maio). A eles súmase nesta data a morte do Inca Garcilaso de la Vega, escritor e historiador peruano, recoñecido por ser o “primeiro mestizo” que foi capaz de asumir e conciliar as súas tradicións culturais: a indíxena americana e a europea. En España conmemórase esta data dende principios do século XX, e ademais faise coincidir coa entrega dos prestixiosos Premios Cervantes, un dos maiores galardóns outorgados aos autores hispanos. En Cataluña o 23 de abril celébrase tamén o día do seu Patrón San Xurxo (Diada de Sant Jordi) que, ademais, ten un carácter reinvindicativo da cultura catalá. Nesta data forma parte da tradición regalar un libro e unha rosa á parella ou persoas queridas. A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) promulgou a celebración desta data con carácter internacional en 1995. Dende 2001 cada 23 de abril diferentes capitais do mundo son nomeadas Capital Mundial do Libro, realizando distintas actividades culturais (en bibliotecas, museos, rúas…) relacionadas co libro. Durante 2011 foi Bos Aires a capital que desempeñou este cargo e o próximo 23 de abril será substituída por Ereván, capital de Armenia. A elección desta cidade de Ereván foi motivada pola calidade e variedade do programa proposto, “moi detallado, realista, ancorado no tecido social da cidade, centrado en aspectos universais e coa intervención de todos os actores da cadea do libro”, segundo os membros do comité de selección composto por representantes das tres principais asociacións internacionais do sector do libro e a edición, así como da UNESCO. Ademais desta celebración do día do libro hai outras datas que merecen ser destacadas como: o 2 de abril (Día internacional do libro infantil e xuvenil), o 19 de marzo (Día mundial da poesía) ou o 17 de maio (Día das letras galegas).

470 Artigos |   | 1  |   | 53  | 54  | 55  | 56  | 57  | 58  | 59  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.