Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Sen dúbida algunha as redes sociais son un medio que serve para comunicarse e compartir contidos con persoas de todo o mundo, pero tamén ocultan perigos aos cales nos podemos ver expostos. O abuso destas redes ademais de frecuente é un acto que trae consecuencias .

Hoxe en día internet e as redes sociais son fundamentais para moita xente que non pode vivir sen estas e abusan delas o cal dificulta relacionarse con outras persoas no día a día. Según un estudo da universidade de Valencia o abuso das redes crea dependencia e carencias á hora de relacionarse ademais de cambios de humor polo cal deberíase reducir o número de horas que se pasan diante da pantalla.

José Andrés Che Tembra naceu en Taragoña no ano 1955, mentres Galicia se recuperaba dos estragos da guerra. Dende o primeiro momento que entrou nunha forxa quedou fascinado da forma de traballar o ferro, e quixo saber máis deste oficio.

Co paso do tempo converteuse no ferreiro de Taragoña. Todo acontecía dun xeito normal, ata que un día cambiou a súa forma de pensar, unha nova idea brotou nel. Observou como outras persoas creaban obras propias, e el tamén quixo facer algo semellante. Normalmente, copiaba representacións feitas por escritores famosos, como poden ser: Castelao, Picasso…etc. Mais todo artista ten que facer invencións só súas, e Che Tembra non foi menos. Débese recoñecer que o seu esforzo foi moi apreciado, pois hai máis de 400 exposicións elaboradas por el en salas de diferentes museos, algunhas fóra de España.

O cambio climático está presente no noso mundo e convivimos con el, pero este pasa desapercibido ademais de ser tratado polas persoas como un tema de menor importancia cando este podería literalmente acabar co mundo tal e como o coñecemos hoxe en día.

A miña nai sempre me dicía que chegaría un día no que tería que ser responsable máis alá dos meus intereses, que a vida dá moitas voltas e que o que hoxe fago vai a marcar e definir o meu futuro.

A comezos deste curso, tras repetir primeiro de bacharelato e asentar dunha maneira máis estruturada as miñas ideas, o meu antigo entrenador de voleibol brindoume a oportunidade de converterme, xunto con Alex, en entrenador dun pequeno grupo de rapazas de primeiro e segundo de ESO que viñeran pedindo formar un equipo e competir. Eu, a pesar de que levo máis de 5 anos como xogador e participei en competicións a nivel galego, non lle dixen que si no momento. A idea de non ser quen capaz de ensiñarlles e explicarlles todo o que eu sabía botoume para atrás. Ao final decidín aceptalo e probar, era unha decisión que tomara pensando só no meu beneficio persoal, pero tras un par de días deime conta de que a idea de estar obrigado a respectar as condicións que eu mesmo me puxera non me gustaba, por primeira vez en moito tempo, deime conta de que non podía seguir escapando de todo o que non me gustaba ou non quería facer.

Por primeira vez na historia, Galicia pode ver o cadro pintado por CastelaoA derradeira leición do mestre” exposta na Cidade da Cultura e traído dende Arxentina.

A obra forma parte da exposición Castelao maxistral que se pode visitar ata o 3 de marzo. A entrada é gratuíta e está aberta de martes a domingo. Ás 17:30 horas realizan unha visita comentada, o grupo máximo é de vintecinco persoas por visita, que se establecerá por rigorosa orde de chegada ao Punto de Información e Recepción do Museo Centro Gaiás.

A exposición está tendo unha moi boa acollida e reciben a redor de catrocentas visitas por día, que na miña opinión quédanse curtas.

A oportunidade é única, xa que, o cadro retornará ao Centro Galicia de Bos Aires cando remate a exposición e probablemente non volverá a Galicia. Hai moita xente que opina que o cadro non debería marchar da nosa terra pero cabe recordar que Castelao pintouno en Arxentina e regaloullo aos galegos que vivían alí.

Moitos dos abusos que se levan a cabo cada día no mundo non son denunciados. Existen distintas razóns polas que as mulleres temen facelo, sempre ligadas a cada contexto. Tendo en conta que aparentemente hoxe en día creceu notablemente o número de entidades feministas e o tema parece estar avanzando no campo da xustiza, como pode ser que só un 20% dos casos sexan denunciados?

  A principal razón pola cal moitas persoas non son quen de contar que sufriron unha violación e, polo tanto, danos psicolóxicos ademais de físicos, é a falta de apoio que reciben as vítimas. A ausencia de credibilidade cara elas por parte da sociedade ou polo sistema xudicial, convertendo á afectada na responsable dos feitos e exculpando ao responsable, favorece a inmunidade dos violadores e provoca  a inseguridade das mulleres. Vivimos rexidos por prexuízos que nos obrigan a cuestionarnos datos irrelevantes na investigación dos casos, como cando se ten en conta a vestimenta da vítima, o lugar ou o momento.

Che Tembra é un home de Taragoña, nacido no ano 1955, cando España aínda estaba sometida polo poder da ditadura franquista. Este home é un famoso forxador que hoxe en día segue creando novas obras con material reciclado.

En primeiro lugar, el iniciou o seu traballo na forxa do ferreiro con trece anos. Foi neste lugar onde lle xurdiu por primeira vez a idea de crear obras con ferro. Ao principio, limitábase a facer pequenas flores cos restos de metal que atopaba polo taller. Co paso do tempo, decidiu retratar algunhas das inxustizas que había naquela época e tamén reproducir algunhas das obras máis coñecidas da arte galega, como pode ser “A derradeira lección do mestre” de Castelao. Actualmente ten pensado facer unha obra para o día das letras galegas e outra para o día da muller, porén todavía está facendo unha escultura que representa un ramo de flores para expoñer o día de Rosalía.

En segundo lugar, Che conta que cando el era pequeno, os xenerais que acadaban as ordes do ditador asasinaban e roubaban a moitas persoas en nome de Deus. Tamén recorda que toda a xente do pobo que ía presa naqueles tempos era levada a Rianxo, onde actualmente están os galpóns, alí recibían moi malos tratos e precisaban que lles chegaran cartas ás autoridades dicindo que os prisioneiros eran boa xente. Para afrontar tales inxustizas, as mulleres da aldea dábanlles comida, fervíanlles a roupa e levábanlles palla para que durmisen nela, deste xeito evitaban que morresen de fame e que lles invadiran os parásitos. Este feito é o posible causante de que Che comezara a retratar obras de arte de carácter reivindicativo.

Por último, Che di que el sempre sentiu moita admiración cara a Castelao, é por isto que moitas  das súas obras son reproducións de antigos bocetos debuxados por este escritor rianxeiro. Ademais, el pensa que Castelao retratou en varios cadros ao seu visavó, pois neles aparece un home cego (o cego era o alcume que recibía a familia de Che) co Castro Barbudo de fondo.

En conclusión, Che é un home que se serviu dos bocetos de Castelao e viviu sometido ao poder da ditadura franquista, o que o inspirou a crear a maior parte das catrocentas esculturas que ten feito polo de agora.

Normativizar unha lingua faise necesario nun proceso de normalización. Consiste na elaboración dunha variedade estándar conformada por distintas formas das variedades faladas dunha lingua. Este proceso ten como principais funcións darlle un maior prestixio ou mesmo fortalecer a conciencia de que verdadeiramente se está a falar dun idioma.

O galego pasou por unha serie de etapas previas á estandarización oficial; o dialectalismo, consistente do uso literario de dialectalismos característicos da zona de cada autor; o interdialectalismo, baseado na mestura arbitraria do uso de  dialectalismos e o supradialectalismo, que busca un galego culto e depurado. Por outra banda, Henrique Monteagudo, expón outra distinción de etapas: o galego popularizante, baseado na lingua oral, o enxebrizante, predominio do diferencialismo, o protoestándar, predominio purista e por último o estándar.

470 Artigos |   | 1  |   | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  |   | 59  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.