Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Na sociedade actual o obxectivo de vida da maioría das persoas é gañar cartos, lograr unha fortuna coa que poder mercar máis e máis cousas materiais. Pero existe un pequeno grupo de individuos que teñen soños moi distintos. Precisamente dun deles e do seu soño vou falar a continuación, pois resultoume admirable e fermoso a partes iguais.

Vivir da danza galega, que persoas de fóra de Galicia saiban da súa existencia e lle poñan valor a parte da nosa cultura tradicional é o soño de Fran Sieira, un bailador que abandonou o seu traballo como economista para dedicarse por completo á danza tradicional de Galicia e fai un par de anos creou a súa compañía (do mesmo nome).

IMG_20181123_175432Durante moitos anos, vivimos nunha sociedade que consentía; que aceptaba o maltrato como algo cotián; que vía a violencia sexual como algo habitual; que permitía que os abusos e as agresións ás mulleres quedasen impunes. Todo isto debería ser parte do pasado, pero aínda hoxe, en pleno século XXI, temos que vivir con iso.

E non o consinto. Non consinto que me controles, que me manipules, que me humilles, que abuses de min e que me chantaxees emocionalmente. Non tolero que lles botes piropos ás rapazas, que cantes e bailes as cancións de Maluma, que non me sinta segura pola rúa, que me tires fotos na praia, que me persigas e que me toques o cú. Non soporto que me chames provocadora, que penses que os homes son racionais e as mulleres emocionais, que identifiques ás mulleres con conducir mal e que non entendas que non significa non. Non aturo que non me contrates por ser muller, que me sexa imposible romper o teito de cristal, que me menospreces dicindo que pelexo como unha muller e que penses que o meu lugar está na cociña.

Non quero vivir con medo, asustarme e notar as miñas pulsacións cando noto a alguén andar detrás de min ou a un coche pasando polo meu lado lentamente ou ter que chamar a unha amiga mentres volvo á casa.

Quero unha sociedade e unhas institucións que teñan claro que diante da violencia sexual hai dereitos: o dereito a acudir á policía e a ser informada e atendida sen prexuízos, o dereito a ir a calquera hospital e recibir a atención axeitada e o dereito a unha xustiza libre de estereotipos machistas e revitimizacións.

Escollo un home que me mire e non vexa un anaco de carne, que cante e baile as cancións de Rozalén ou Rosalía, que cambie de beirarrúa para facerme sentir máis segura, que elimine todo pensamento erróneo sobre as mulleres e que defenda un mundo no que o príncipe azul sexa substituído polo compañeiro que loite comigo.

352 Artigos |   | 1  |   | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  |   | 44  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.