Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Sergio Lamas Figueira'.

O pasado día 23 de marzo entregáronse os premios as mellores cartas de amor na aula de 3ºC.

A Mesa e a súa sección xuvenil, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes denuncian que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%. Estas organizacións convocan unha folga para o vindeiro xoves 19 de Abril; tamen piden que “o galego exista”, nas materias científico-técnicas en que o decretazo “impón o uso obrigatorio do castelán”.

Un ano máis chega o Correlingua. Outra vez para sumar un día máis na memoria dos adultos futuros que un día lembrarán que participaron nunha festa en que a música, o teatro e todo o demais se facía en galego.

Este ano é o ano de Celso Emilio, adícaselle a el porque cúmprese un centenario da súa morte.

  O que se intenta con isto é poñer en valor o extraordinario legado de Celso Emilio e desenvolveranse polos centros de Galiza unha serie de actividades relacionadas co escritor.

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, inaugurou hoxe a Xornada de Innovación en Dinamización Lingüística para Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) que se celebrou no IES As Fontiñas, en Santiago.

 Nese acto entregáronse os premios aos equipos galardoados, entre eles o noso centro, cuxo equipo esta dirixido por Tina Formoso Gosende.

    A AELG solicitou aos concellos que declarasen o 24 de febreiro como o día de Rosalia que se celebrara este venres, coincidindo coa celebración do 175 aniversario do nacemento da autora.

 A Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza nas principais cidades e pobos lecturas das suas obras e anima aos galegos a participar nos actos que se celebrarán por toda a comunidade, así como a regalar un libro escrito en galego e unha flor.

A ortografía é o uso correcto das letras. É a sección lingüística que ensina as regras de calquera símbolo escrito ou de letras: O mal uso das normas pode levar a interpretacións distintas. As normas ortográficas facilitan a comunicación e fan que se entenda todo o mundo. A ortografía unifica as variedades orais nunha soa para facilitar a escrita na variedade estándar. Grazas á existencia desta e o seu uso pode entenderse e comunicarse correctamente a comunidade lingüística.

39 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.