Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Sergio Lamas Figueira'.

dwtgNormalizar unha lingua significa devolver esa lingua a ámbitos de uso nos que antes non se atopaba ou dos cales, foi desprazada. Este proceso iníciase no século XIX co Rexurdimento, que trae consigo unha nova literatura que intenta facer que o pobo galego tome conciencia da súa situación a base de introducir contido moral e ético nestas novas creacións literarias. Isto demostra un compromiso por parte dos novos autores que xorden ao mesmo tempo que unha corrente, O Galeguismo.

bicoO alumnado de PCPI e primeiro de bacharelato acudiu este luns a Santiago de Compostela ao Teatro Principal para ver a obra “Bicos con Lingua” da compañía Thalia Teatro. Esta obra de  cincuenta minutos de duración afonda na situación sociolingüística de Galiza, é representada por Toño Casais e  Artur Trillo.

Diferenciar entre cantiga de amigo e cantiga de amor como un xénero tradicional, pouco coidado e autóctono fronte a outro cortesano, refinado e de fóra é algo que todos facemos baseándonos en tópicos e por descoñecemento do que neste artigo se recolle, pero coa intervención dun terceiro factor que provocou a diferenciación entre ambos, e as posteriores características á hora de distinguilas.

A obra ” Poesía última de Lois Prereiro” é unha obra na que interactuan conceptos para ir compoñendo os dous últimos anos de vida do poeta maldito. Este espectáculo estreouse en 2011, ano no que a Lois Pereiro se lle dedicou o día das letras galegas,  ano en que os proxectos que repasaron a súa curta vida e intensa obra agromaron en todas as artes.  Precisamente por iso o deles, o da compañía de monicreques Fantoches Baj, non acadou a repercusión que merecía.

O Partido no goberno estase comportando como un partido restritivo. Isto non só se observa nos recortes de orzamento  na educación e na sanidade senón tamén en certas actitudes e comportamentos de importantes dirixentes. Isto acadou o seu punto álxido coa presentación en sociedade da nova lei do aborto, unha das máis restritivas do mundo occidental e que en Europa nin sequera recibiu o apoio da dirixenta de extrema dereita Marie Le Pen.  Esta lei do aborto é un claro reflexo da ideoloxía oculta que os que nos gobernan teñen sobre a igualdade entre homes e mulleres­­. As mulleres deben ser asesoradas para poderen decidir, non son maiores de idade, non son donas de si.

O sabado 26 de outubro as 20:30 no auditorio de Rianxo, a compañía  Talia teatro levou a cabo a representacion da súa obra O método Gönholm.

Campaña de Greenpeace

Greenpeace está contra as marcas de roupa debido ao emprego de substancias nocivas na súa fabricación. O que  pretende é  informar aos compradores do perigo que están correndo ao mercar roupa, especialmente da marca Zara.

Xa está publicado o novo número de Ollos de Aula.

Os temas que trata son:

Cando comezar a aprender unha nova lingua etranxeira?

A sentenza sobre o decreto do plurilingüismo

Reflexión sobre aprobar ou aprender.

39 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.