Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Sarela Betanzos Freire'.

Os próximo xoves, venres, sábado e domingo deste mesmo mes, celebrarase en rianxo o 9º encontro internacional da zanfona, no que se realizará unha sesión didáctica, un concerto e dous cursos intensivos. Para máis información consultar a páxina: www.folque.com

A Real Academia Galega está nunha grave situación de crise, despois da dimisión do seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín. Esta decisión que tomou por sorpresa a todos parece ser a consecuencia da publicación no xornal ABC dunhas acusacións de nepotismo contra o presidente da RAG. Segundo este medio, a Academia contratou a parentes directos do presidente. Mais, segundo as declaracións de Xosé Luís Axeitos, secretario da Academia, ao xornal La Voz de Galicia, a filla do presidente, que xa non traballa dende o 1 de xaneiro, foi contratada por encaixar no perfil buscado. E o seu xenro, así como o fillo do mesmo secretario a quen tamén se lle acusa de enchufismo, foron contratados antes de que Axeitos e Ferrín se vinculasen a Academia. Polo que analizando seriamente a situación pode deducirse que estas acusacións resultan ser unha estratexia para presionar a marcha de Ferrín. Esta presión está amparada por sectores da Consellería de Educación con presencia na propia RAG, no Consello de Cultura e no Instituto da Lingua Galega que buscan castigar a Academia polas actuacións en defensa da lingua galega: recurso contra o decreto de Plurilingüismo, revitalización do Día das Letras Galegas, normalización do uso das TICs no traballo da Academia… Axeitos na citada entrevista dixo “Queren que retiremos o recurso do galego, pero a Academia non está en venda” referíndose ao Consello da Cultura Galega e ao ILGa que “a ocupan e a colonializan”.

O pasado 21 de novembro deste mesmo ano, publicouse unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que declara ilegais algúns dos apartados do anterior Decreto de Plurigüismo aprobado en Maio de 2010. Máis concretamente, os puntos 5.2 e 12.3 nos que se manifesta que nas clases de ensino non universitario, o alumnado poderá utilizar a lingua oficial oral e escrita que prefira, e tamén será elección dos pais a lingua oficial que se empregará polos docentes nas aulas de educación infantil. O TSXG explica, na sentenza, a ilegalidade destes apartados ao incumplir a Lei de Normalización Lingüística (LNL) aprobada no 2004, que declara a necesidade de impulsar e garantir a aprendizaxe básica da lingua galega, e xa que logo, débese impulsar o seu uso, sobretodo nos ámbitos educativos. Co novo decreto este uso non se garante, ao deixar a libre elección a lingua que se empregará no ensino básico, elección que debe facer a Administración, sempre respetando os principios da LNL, para así protexer e desminorizar a nosa lingua. Unha vez máis vemos os constantes ataques que o actual goberno dirixe a lingua, chegando incluso a incumplir a lei. Pero grazas ás denuncias de colectivos como a Confederación Intersindical Galega do Ensino e a Mesa conseguiuse desbotar e frear este ataque. Tanto a mobilización destes colectivos como a resolución do TSXG demostran que as actuacións activas en defensa da lingua galega acadan resultados positivos e satisfactorios para a propia lingua. Por iso, o que debemos é mobilizarnos freando estes ataques, no canto de aceptalos sen máis.

Brasil, país en desenvolvemento e cun gran potencial económico, é un país con lingua oficial portuguesa, o que convertirá ao portugués nunha lingua moi importante para relacións económicas e comerciais do mundo.

 

Mercedes Queixas é unha das poucas autoras que tenta tender pontes entre o mundo literario tradicional e o mundo virtual. Segundo ela, a "hora das letras" non chegará a este mundo virtual se non tentamos servirnos das novas tecnoloxías para a divulgación , espallamento e progreso da literatura. Obxectos como o televisor e o computador divulgan historias convertendo as páxinas dos libros en secuencias de imaxes ambientadas con son, e o e-book, impulsa a lectura a través de libros virtuais. Grazas a este novo aparellos conséguese unha maior divulgacion e máis isntantánea da literatura á diferencia da que se conseguía cos libros en papel e facilítase a comunicación co autor ou con outros lectores. Pero isto non favorece só ao ámbito da lectura, senon que tamén é repetuoso co medio ambiente, reducindo a tala de árbores para a creación de papel como tamén o aforro de cartos que se invirten na elaboración do papel e na súa posterior impresión.Aínda que a simple vista parece un gran avance e un xenial cambio tamén ten as súas desventaxas:o libro dixital non nos aporta as sensacións que un libro en papel nos pode facer sentir, como o tacto do papel ou o cheiro das follas. E algo que tamén se perde cos e-book son as bibliotecas, non só como institución de almacenamento e distribución de libros, senon tamén como punto de encontro e lugar de descanso para as persoas, o que tamén fomenta a lectura. A pesares de non ofrecernos as sensacións do libro en papel, o e-book axúdase do son e da capacidade de hiperligar a outra información complementaria do libro para ambientarnos na historia, o que aporta puntos a favor desta nova forma de lectura. En conclusión o e-book e as novas tecnoloxías son necesarias para a pervivencia e desenvolvemento da literatura da nosa lingua, pero non por iso debemos deixar de lado o clásico libro que tanto nos aportou e nos seguirá aportando.

O pasado mes de Setembro o Ministro de Educación do Goberno de España presentou o anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) na que se detallan as medidas que se pretenden levar a cabo para unha mellora do sistema educativo actual. Pero todo isto é un engano, en realidade este anteproxecto esconde outras finalidades en sentido totalmente oposto á calidade. Todas as medidas deste anteproxecto conseguirán crear unha sociedade máis individualista, competitiva e selectiva, grazas a introducir novos métodos no sistema educativo que no lugar de crear un sistema baseado na colaboracion no que se pretende que a maioría acaden o título basico, crea un sistema no que haberá maiores desigualdades e menos axudas, polo que non todos acadarán un título básico necesario para calquera emprego, e os valores impartidos non residirán na solidariedade e colaboración.
Algúns representantes sindicais opinan que “O verdadeiro motivo é adecuar o sistema educativo aos principios neoliberais e avanzar na privatización e mercantilización da Educación”. E isto conségueno restrinxindo a educación a aqueles alumnos mellor cualificados sen atender ao contexto e as circunstancias culturais e familiares coas reválidas. Ademais, esta medida menospreza a profesionalidade do profesorado xa que o seu traballo e as súas competencias á hora de decidir se un alumno acadou ou non os contidos mínimos do ciclo , deixa de ter valor fronte ás reválidas. Outra medida que se pretende co nova lei é segregar do sistema educativo aquel alumno con máis dificultades, proveñan de situacións persoais, familiares ou do entorno social. O alumnado con dificultade, o anteproxecto prevé orientalos hacia a Formación Profesional Básica que non conduce á obtención do título da ESO, nin ao título de Técnico de Grado Medio. Por outra parte, dase amparo legal aos colexios que segregan ou seleccionan ao alumnado por razón de sexo, unha práctica que actualmente o Tribunal Supremo ten declarada como ilegal. E por último, co LOMCE redúcese a competencia das Comunidaes Autónomas, limitando a súa capacidade na determinación dos curriculums nun 10%, o sistema de reválidas tamén reduce a súa competencia no sistema educativo ao ser de ámbito estatal. Polo tanto, o anteproxecto ten unhas finalidades moi distantes á mellora do sistema educativo, no lugar de facilitar e garantir o acceso ao ensino básico, busca a obtención de resultados e rendementos e no lugar de buscar crear unha sociedade formada e crítica, pretende unha sociedade máis competitiva e inxusta e máis facilmente manipulable.

En Galicia existe plurilingüismo, pero é o plurilingüismo que queremos?

Como debe ser este plurilingüismo?

Despois de estar tres meses en Polonia, fixen unha presentación para as clases de 3º falándolle sobre o que fixen alí.

20 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.