Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

IMG-20180621-WA0001Neste programa, o alumnado do EDNL que participa no proxecto de radio RianxoFala, súmase ós actos que organiza o concello de Rianxo  coa gravación dun  monográfico especial no que tratamos os seguintes temas:

  • As orixes do Día do Orgullo Gai
  • A diversidade sexual, unha riqueza da natureza
  • Entrevista a Pablo García Lorenzo, rianxeiro mestre de Edu. Infantil e inglés quen relata a súa experiencia persoal.
  • Divulgación dos actos organizados polo concello de Rianxo coa finalidade de reivindicar e potenciar entre a veciñanza o respecto cara á diversidade sexual e de xénero.

Agardamos este programa especial sexa do voso agrado e así, dende Rianxo Fala,  contribuír á visibilización e respecto polas persoas  independentemente cal sexa a  súa opción ou condición sexual.

En vídeo subtitulado… Todo o mundo a cantar!

20180612_122223_HDR- Novas en Rianxo

  • Viaxe a Mérida-1º de bacharelato
  • Youtubeiros e youtubeiras no Félix Muriel”

•   Entrevistas a :•    Miguel Silva (Aquel-e)  e     Juan Frieiro (O Choio)

  • Normalizando o galego
  • Martín Castro gaña un premio de música de vento en Tailandia
  • 25 de abril, o día dos cravos
  • Reportaxe sobre: “as mulleres mula”
  • O deporte galego fala galego

O alumnado de 2º ESO de portugués improvisou unha lectura teatralizada do texto narrativo de Mia Couto: O menino que escrevia versos. Co gallo do Día da Lingua Portuguesa que se celebra o 5 de maio, fixeron esta lectura teatralizada, aceptando o reto que lles lanzou Carla, a professora do Instituto Camões que nos acompañou todos os mércores e xoves do curso. Así que despois duns cantos ensaios, foron buscar unhas batas ao departamento de física e…

Agora, presentándovos o noso traballo de música con subtítulos en galego, toca unha canción mítica… A do grupo “Os Resentidos”.  Que non vos soa?? Ui, ui… preguntade a pais e nais que seguro que saben ben quen son! Ben, máis ben, que foron… alá nos 80!

resentidos

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe toca un vídeo ben simpático cunha letra aínda máis: “Estou na lavadora”… lembrades?

Este ano estivemos traballando no proxecto de música dando un pasiño máis adiante… subtitular vídeos para que poidamos cantar tipo karaoke en calquera celebración, festa ou na nosa casa, cando nos apeteza. Deixámosvos aquí o primeiro dunha quenda…  a canción “A paz esquiva” de Sés. Pero.. mañá máis

Cartel_fíos_Rianxo_1O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha nova actividade recomendada para familias con nenas e nenos de 0 a 5 anos, FÍOS DO QUERER, que se vai celebrar o mércores 6 de xuño, ás 19.00 h, no Liceo marítimo rianxeiro (entrada polo paseo marítimo).

Programada dentro das actividades do proxecto Apego, está aberta a toda a veciñanza que queira pasar unha horiña de música, xogos e diversión coa rapazada máis miúda da casa.

288 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.