Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

“Eu a literatura enténdoa como escribir o que me peta. E se despois iso lle gusta á xente, encantado”, dicía Carlos Casares.  Así comeza a páxina que o secretario da RAG -Henrique Monteagudo- asinou na web da Academia para presentar a biografía que lle dedicou ao persoeiro ao que se lle dedican as Letras Galegas.

Tamén a podedes ver na páxina “http://primaveradasletras.gal/”, onde hai enlaces a moitas outras cuestións de interese sobre o autor.

Outros enlaces a biografías do autor:

Aquí deixamos a biografía que elaborou Henrique Monteagudo para a páxina da RAG

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, fillo de Francisco Casares Dacal e Manuela Mouriño Pérez. Cumpridos apenas os tres anos, a súa familia trasladouse á vila de Xinzo de Limia, onde o seu pai exerceu como mestre e onde transcorreu a súa infancia. Non ben feitos os once anos ingresou no Seminario ourensán. Alí iniciouse nos estudos eclesiásticos, formándose en Humanidades entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos vivirá nun ambiente fortemente represivo (incluíndo a prohibición estrita de falar galego), que espertará no autor un espírito inconformista. Naquel centro emprende a súa primeira experiencia literaria, o xornal manuscrito El averno, que difundía clandestinamente.

A primeira promoción LOMCE curso este ano 2º de Bacharelato e polo tanto ten que enfrontarse a unha proba de acceso á universidade que agora mudou de nome e xa non se lle chama “Selectividade” senón ABAU.  O alumnado vai ter que facer unha proba similar á selectividade dos anos anteriores, pero mudan as materias das que de pode/debe examinar, así como a ponderación. Nestes cadros podedes ter a información máis importante de xeito esquemático.

selectividade

 

mallandonoandroid

Para todos os que empregades dispositivos con Android presentamos está páxina que vos vai poñer ao día.

Anímate a fazer este quebracabezas do mapa comarcal do Barbanza Está feito coa aplicación: http://www.jigsawplanet.com Ti tamén podes empregala. É gratuita Para empezar fai un clic na frecha circular da esquina inferior

Para ver a información do grupo fai clic na imaxe que che interese                          

288 Artigos |   | 1  |   | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.