Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

ADÍA DA LINGUA NAIpiruletas29É hoxe sábado, 21 de febreiro, o Día internacional da Lingua materna, mais no noso IES celebrámolo onte venres. Quixemos este ano realizar unha actividade dinámica e divertida durante os recreos que ademais servise para que a comunidade educativa se concienciase do que supón a perda de transmisión da lingua. piruletas13

Post-it de colores nos que se poñían os desexos cara á lingua, nos que lle mandaban mensaxes de amor ou nos que se asinaba algún compromiso cara á lingua materna a cambio dunha piruleta de color azul.piruletas27

DÍA DA LINGUA NAI (31)

A actividade tivo inmenso éxito de participación e  todo o centro luciu entre os dous recreos as súas linguas azuis

IMG-20150130-WA0015No momento de descolgar a exposición de Castelao, avaliamos a actividade e recollemos que no centro repasamos moitos datos da súa vida e da súa obra. Gravamos ademais na retina debuxos de Cousas da vida levados a láminas xigantes. Visualizamos os vídeos coas estampas dos álbums da guerra… Pero ademais aprendemos un lote de detalles máis, curiosidades que non sabiamos, como que non naceu o día 30 senón o 29 ou que o escudo da capela de San Xosé foi o que o inspirou para o seu famoso ao que lle colocou o “Denantes mortos que escravos”. Pero tamén coñecemos unha información moi interesante sobre Castelao e a Rianxeira (que vos habemos contar no seguinte artigo referido ao autor)

IMG-20150130-WA0003Hoxe, venres 30 de xaneiro, foi o día! Pasamos toda a maña coa aula de usos múltiples dous ocupada. Entraban só 90 alumnos e alumnas de cada vez (non ten máis capacidade) pero a súa boa acústica permitía que se escoitasen perfectamente as distintas voces que, desde as 8,30 ata as 14,10, foron transformando as palabras do papel en sons. Desde 1º ESO a 2º de Bacharelato alí estivemos todos, alumnado e profesorado, tamén persoal non docente.

Xa temos aquí o  número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado e, ademais de distribuíla en papel coa axuda do Concello de Rianxo, enviala por correo electrónico a todos os membros da comunidade escolar que o desexen, tamén a deixamos no Bico da ría,  unha das nosas  ventás ao mundo.

 Por Alba e Aitana

20140930_130622ROs pasados días 29 e 30 de setembro, a agrupación teatral Quinquilláns fixo unha representación teatral polas rúas de Rianxo. O percorrido comezou na casa do concello,  onde apareceron o Padre Leiro e o mariñeiro Manuel, que nos levaron á casa-museo de Manuel Antonio.  No balcón da casa esperábanos Luciña, para empezar o ensaio da Fiestra Valdeira. Tras unha parada na taberna e diante da casa dos nosos máis ilustres escritores, chegamos á Praza da Igrexa, onde, por fin, puideron comezar a ensaiar.reduc 1

Así o viviron dúas compañeiras:

Por Aida Barros (3º ESO B)

A actividade realizada o pasado martes pareceume moi entretida e instrutiva, pois á parte de  entreter e divertir; amosounos, hoxe en día, un cachiño da historia de Rianxo.

Por: Raúl Castro Camiñar e camiñar cara o sol ou cara á lúa non sei que facer baixo a noite escura Camiñar e camiñar sen paradas nin distracción intentantando continuamente non perder o meu valor Camiñar e camiñar só ou acompañado o único importante é non vivir engañado Camiñar e camiñar sendo sabio ou ignorante, […]

Por: Sergio Lamas Había tempo que as cousas xa non eran como antes. Demoralo máis era tontería pois xa nada lle impedía seguir o seu camiño. Colleu a súa maleta, baleira, pois a onde ia non lle facía falta nada máis que unha moeda. O camiño non era longo, pero si o tempo que pasaría […]

Por: Noel Martínez Vicente (1º A-13/14)  Estaba na miña habitación e escoitei a voz de miña nai chamándome desde a cociña. Abrín a porta e cando  me dispoñía a baixar as esqueiras saiu a miña nai pola porta da súa  habitación e díxome: -Non vaias, eu tamén o escoitei.

108 Artigos |   | 1  |   | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.