Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Por X. Ricardo Losada Madrugar. Mexar con fluidez. Mirarte ao espello, chiscarte o ollo e gozar de que o tempo aínda pase. Ducharte en auga fría e notar que nun instante milagroso a somnolencia deixa paso á lucidez. Pór roupa interior que a pel agradece limpa. Acomodarte no estudo e escribir ao ditado do somnámbulo […]

Este foi o lema da campaña de Nadal do noso ENDL

postaL nadal 2015 ESCOLLIDA-50_

 

 

 

 

 

cartel concurso 2015 reducidaAínda non fixeches a túa felicitación para o Concurso do ENDL? Pois non esperes máis… en formato dixital, orixinal,  para enviar por correo ou por whatsapp…

Ata o 17 de decembro pola mañá calquera membro do alumnado, do profesorado ou do persoal non docente pode participar!

As bases están distribuídas por todo o centro… Non deixes de lelas e envía xa a túa felicitación de Nadal. Se gañas… hai interesantes premios para cada categoría!

 

Por José Nine Ces

Tema composto orixinalmente para o documental Naviegos e vosoutros arraianos, realizado por Ovidio Fernández e gravado nos estudos da RTVG no ano 2001. Para a música deste documental, contan co grupo de Jazz ADN formado por José Nine aos saxo e frautas, Manuel Gutiérrez ao piano, Rafa Morais ao baixo e LAR Legido á batería. Os temas gravados por ADN este documental foron:

Minor Blues, TDT, Navia, Canción dás frautas, Zipitrón, Tira millas, Salvavidas 1, Salvavidas 2 (compostos por José Nine). Silence (composto por Charlie Haden).

foto artigo revistaPor  X. Ramón Brea

O pasado mes de marzo levouse a cabo unha iniciativa que durmía un sono profundo dende os tempos da II República. Protagonistas, as illas Malveiras, as irmás pequenas da Cortegada de loureiros e biluricos, da pastora co remo na man que coida das augas mansas do Ulla.

Pois daquela houbera unha iniciativa popular que pretendía erguerlle unha lembranza pétrea ao poeta que arrecendía a salseiros e furnas xiróvagas.

VAI FACENDO, VAI  CREANDO POR: XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ  Ánimo, ti podes. A nena e o neno queren facer un fermoso poema para ler. O seu maxín non ten parangón, é unha vontade que estimula á creación.   Ánimo, ti debes. Demostrar que con ilusión e grandes doses de emoción. A nada, o todo, o […]

globo aerostáticoPor X. Ricardo Losada

Cando lles dou clase de Filosofía a alumnos que a cursan por primeira vez, intento saber que prexuízos teñen sobre ela. Hai anos, nun instituto de Cee, ocorréuseme unha forma pola que teño certa predilección. Pórlles unha adiviña que publicou a revista norteamericana Reader´s Digest, como concurso aberto a todos os lectores, e cun importante premio á mellor resposta. Só cambio a profesión dos protagonistas para adaptala aos meus obxectivos. Imaxinade, dígolle ao alumnado que tres persoas navegan nun globo aerostático: un bispo católico, un científico nuclear e un filósofo. Nun momento determinado da navegación, conclúen (non importa por que) que a única forma de salvar o globo, e de que non caia a terra, é que se tire un deles. Debedes razoar, aplicando a lóxica, cal debe tirarse.

Por Clara Rey (2º ESO) É un libro de poesía que trata sobre os sentimentos dun rapaz duns 16 anos ao que lle gustan moito os coches e facer carreiras. Gústalle facer derrapaxes e ir a moita velocidade. El pensa que ninguén o entende Eles, Coa súa lista interminable De fainos caso e deberías de, […]

108 Artigos |   | 1  |   | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.