Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

IMG_20190523_140618

Noa Moares e Marta Valladres entrevistaron recentemente para Radio RianxoFala  a María Xosé Silvar, máis coñecida como “Sés”, e a Sabela Galbán, artista rianxeira e colaboradora habitual nos concertos de Sés.

O encontro radiofónico transcorre entre lembranzas das súas respectivas infancias, formación musical, inquedanzas e o seu facer como defensoras da nosa lingua.

Dúas grandes artistas para sentilas e escoitalas.

Desfrutade desta audición!

Entrevista completa

Marta Valladares entrevista a  Paz Filgueira, xuíza titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, que veu a dar unha Charla no noso IES durante a Semana da Diversidade

Vídeo da entrevista:

Entrevista completa en Radio RianxoFala:

 

EN LEMBRANZAsen horaBN-page-001

 

O 7 de xuño  terá lugar no IES “Félix Muriel” de Rianxo un acto en lembranza de don Xesús Costas, “DonXe”, escolante, escritor e compañeiro. Convidamos a este acto a toda a comunidade educativa que ten compartido con el profesión, intereses e afectos.

IMG_20190307_102648
Dentro do Ciclo de Charlas “Camiñando entre mulleres” organizado polo ENL en colaboración co Concello, tivemos o pracer de contar coa presenza de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, que foi entrevistada por  Antía Lamas para Radio RianxoFala

 

 

IMG_20190225_121925

Dentro do Ciclo de Charlas “Camiñando entre mulleres” organizado polo ENL en colaboración co Concello, tivemos o pracer de contar coa presenza de Alba María, cantante, escritora, filóloga e regueifeira galega, que foi entrevistada por Pedro  Calvo para Radio RianxoFala

 

 

 

IMG_20190522_134025Alberte Basadre  entrevistou a  Lidia e Laura, dúas persoas que desenvolven a súa actividade laboral na Real Academia da Lingua Galega, aproveitando que estas viñeron ao noso centro para facerlles unhas probas ao noso alumnado de 4º ESO.

 

 

IMG-20190404-WA0007

Dentro do Ciclo de Charlas “Camiñando entre mulleres” organizado polo ENL en colaboración co Concello, tivemos o pracer de contar coa presenza da psiquiatra Iria Veiga, que foi entrevistada por Celia Arcos para Radio RianxoFala

 

 

156 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  |   | 20  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.