Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Por: Alicia Quintáns (2º ESO-A) Como  sempre, partimos do instituto para ir ata A Coruña en autobús acompañados dalgúns profesores, neste caso Paula, Manuel, Esperanza e Paz. Pasamos lista de todos os que iamos e arrancamos repartíndonos en dous autobuses cando comprobamos que estabamos todos os que acordaran ir. Ao chegaren alá, fomos primeiro o […]

Dende o ano 2011 organízase o concurso Explícoche Matemáticas 2.0, un certame dirixido ao alumnado do sistema universitario galego, de Bacharelato, e de 3º e 4º da ESO co obxectivo de “promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado”. Está organizado pola Facultade de Matemáticas da USC […]

 Reportaxe de Antía Rodríguez, 08/03/2016

Cada ano, o 8 de marzo, rendémoslle un homenaxe ás mulleres traballadoras.

    O día da Muller Traballadora conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé da igualdade co  home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro  como persoa.

    Celébrase o 8 de marzo por  varios sucesos; un deles foi o movemento de protesta pola falta de alimentos iniciado polas mulleres rusas en 1917.  O outro acontecemento foi un  incendio en Nova York nunha fábrica téxtil en 1908, na cal  morreron calcinadas 146 obreiras.

Día da muller traballadoraMaría Costas Otero traballa de costureira nunha tenda de roupa en Taragoña. Escolleu ese oficio xa que lle quedaba preto da casa e ela non estudou ningunha carreira.

As condicións son boas; traballa oito horas diarias durante sete meses con un bo soldo. No seu traballo non existe a igualdade entre homes e mulleres xa que alí non hai varóns.

A maioría das mulleres novas da miña familia estudaron algunha carreira (pedagogas, arquitectas, piloto…) pero non todas atoparon traballo exercendo eses oficios,  e teñen que limpar casas,  traballar en fábricas etcétera.

Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

V Premio de Poesía Carme Villaverde O Instituto Nº1 de Ordes, en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, comprácese en convocar esta quinta edición do Premio de Poesía, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña. BASES: 1-Poderán participar alumnos e alumnas de ESO, […]

Por X. Ricardo Losada Madrugar. Mexar con fluidez. Mirarte ao espello, chiscarte o ollo e gozar de que o tempo aínda pase. Ducharte en auga fría e notar que nun instante milagroso a somnolencia deixa paso á lucidez. Pór roupa interior que a pel agradece limpa. Acomodarte no estudo e escribir ao ditado do somnámbulo […]

Este foi o lema da campaña de Nadal do noso ENDL

postaL nadal 2015 ESCOLLIDA-50_

 

 

 

 

 

cartel concurso 2015 reducidaAínda non fixeches a túa felicitación para o Concurso do ENDL? Pois non esperes máis… en formato dixital, orixinal,  para enviar por correo ou por whatsapp…

Ata o 17 de decembro pola mañá calquera membro do alumnado, do profesorado ou do persoal non docente pode participar!

As bases están distribuídas por todo o centro… Non deixes de lelas e envía xa a túa felicitación de Nadal. Se gañas… hai interesantes premios para cada categoría!

 

97 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  |   | 13  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.