Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

No noso centro difundimos a revista mensual Ollos de Aula (revista para as familias) desde que saíu o número 1 tanto entre a comunidade educativa como fóra dela.

O pasado venres durante os dous recreos puidemos escoitar ás alumnas que participaron no concurso de recitado. Aprenderon cadanseu podema do autor celanovés e recitárono diante do xurado. Agora hai que esperar o fallo deste na vindeira semana.

Moitas grazas a todos pola participación e colaboración!

Poemas de Longa noite de pedra, d’O soño asulagado, de Cantigas de escarnio e maldicer… lidos por alumnado de 2º de bacharelato, 4º ESO, pola nosa xefa de estudos…

 Ana e Alba (4º B)

 Aldara (3º A)

 José (4º B)

 Borja (1º Bac. C)

 Manel (1º Bac. C)

 Martín (1º Bac. C)

 Estefan (1º Bac. C)

Sarela, Carmela e Laura (alumnas de 4º ESO) e membros do ENDL fixeron o cartaz para colocar no oco das escaleiras que sobe para os bacharelatos. A que lles quedou ben?

 

 

 O grupo que se dedica á cartelería encargouse de rematar de pegar o poema nos dous edificios. Aquí están os últimos versos nas escaleiras que baixan cara á biblioteca

A nosa homenaxe a Celso Emilio conta con varias actividades que xa se están desenvolvendo e unha delas é esta: o recitado conxunto o día 12 do 12 ás 12 do poema “Deitado fronte ao mar”

As profesoras Olga (francés) e Rosa (inglés) leron hoxe cadanseu poema, igual que o fixeron a semana pasada María (francés), Rubén (ciclo), Xabier (Lingua castelá), Ana (grego)… ao lado de alumnas e alumnos do IES. Hoxe participaron algúns de 4º ESO nos dous recreos.

156 Artigos |   | 1  |   | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.