O Xudeo Xacobe é un dos relatos que forman parte da obra Os escuros soños de Clío, libro de narrativa, composto por doce relatos, en galego, do ourensán Carlos Casares Mouriño. Podedes escoitar o relato O Xudeo Xacobe gravado por Tati Mancebo para a páxina da AELG O noso alumnado fixo as súas propias versións […]
Por Iria Vidal F.
As lendas e os mitos sempre son uns temas dignos de investigar. Se falamos das lendas de terror, un dos personaxes que nos vén á cabeza é a típica muller de nariz enorme adornado cunha gran verruga: a bruxa, unha persoa capaz de facer todo tipo de feitizos malignos. Pero, non oímos tamén falar da “feiticeira”? Polo xeral, esta palabra é utilizada coma sinónimo de bruxa. Isto, realmente, non é correcto! Se investigamos un pouco, darémonos conta das moitas diferenzas entre ambas figuras mitolóxicas. Agora, cales son estas diferenzas?
Hoxe día 21 de xuño, estivo no noso instituto a axente da garda Civil Mar , para falarnos sobre os peligros das novas tecnoloxías e como evitalos. Aquí deixo unha escolma dalgúns dos temas tratados: Como se pode infectar un ordenador dun Virus? – Por causa dun Pen que está infectado. Pode repararse activando o […]
O artigo “Inchazón” da médica Iria Veiga gañou O XIII Premio a artigos xornalísticos de lingua do Concelo de Carballo que se fallo co gallo das Letras galegas. Se aínda non o lestes (saíu publicado en Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.), non perdades este estupendo texto sobre a lingua na sanidade e, por extensión, na nosa sociedade:
Un enorme círculo vermello e un H maiúsculo, seguido dun signo de exclamación. Esa foi a maneira na que contestaron a miña primeira solicitude dunha proba diagnóstica, o meu primeiro día como médica residente. A petición poñía: “Inchazón en membro inferior esquerdo, sen evidencia de traumatismo previo. Solicito descartar fractura”. Á radióloga debeulle parecer tan mal aquela falta de H, que nin se molestou en comprobar un coñecemento que, por outra banda, debeu acreditar para ocupar a súa praza.