Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'María'.

Sharbat Gula (máis coñecida coma A Nena Afgá),  Jane Goodall (célebre investigadora de chimpancés) nun momento íntimo cun deles ou  o carácter ecolóxico dun paxaro diseccinado en plásticos  e refugallos. Imaxes impactantes, reflexivas e incapaces de deixar a ninguén indiferente. Estes exemplos son só una pequena mostra dalgunhas das fotografías máis celebradas da historia dunha […]

A Petete, todo lle sae mal. Despois de saír do cárcere, e antes de voltar ao seu fogar, decide cometer un delito, que lle permitirá chegar á casa con cartos no peto. Mais o atraco á gasolineira que planeara e efectuara xunto co seu compañeiro O Pequeno, complicarase tras a morte do empregado do establecemento.

O Galician Connection é un completo programa formativo artellado en cinco puntos e dirixido principalmente a músicos ou estudantes (que se deberán inscribir previamente) aínda que tamén haberá un concerto, que contará con importantes figuras da música galega e internacional.

[Este artigo escribiuse o pasado domingo, mais problemas técnicos da revista impedíronnos poder publicalo ata hoxe]

Bótote de menos. Aínda que nunca me crucei contigo pola rúa, aínda que xamais che oín falar nin rir, noto que faltas.

Cando penso en ti, véñenme á mente a túa fraxilidade e  a dozura que tan ben lles transmitías ás túas personaxes. Algunhas veces entristézome recordando a túa infancia durante a II Guerra Mundial, eses días dramáticos, que viviches nas túas propias carnes, primeiro en Béxica e logo en Holanda.

Apenas 17 días despois da morte do mencionado Gregory Peck, falecía Katharine Hepburn. Era o 29 de xuño de 2003, e o mundo dIcía adeus a unha das máis grandes actrices que Hollywood coñecera. Considerada a actriz feminina máis importante dos primeiros 100 anos de cinema polo American Film Institute e a única en obter 4 premios Óscar.

Nacido no 1916 en La Jolla, en San Diego (California), viviu, tras o divorcio dos seus pais, longo tempo coa súa avoa, grande aficcionada ao cinema.

Comezou a estudar Mediciña, pero finalmente, logrou que a súa verdadeira vocación se fixera realidade, pois obtivo  unha beca na escola Neighborhood Playhouse, en Nova Yorke  onde estudaron coñecidos actores coma Steve McQueen, actices coma Diane Keaton ou directores  coma Sydney Pollac.

Así comeza o libro no que se basea esta película, a máis esperada deste 2012

23 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.