Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'ENL'.

O venres, 30 de setembro, tivo lugar a entrega dos certificados B1 de Lingua Portuguesa. O alumnado de Lingua portuguesa que se presentou ás probas de certificación do Instituto Camões acadou o nivel B1 e o pasado venres, a Coordinadora do Instituto Camões en España e a responsable do Camões en Vigo asistiron á entrega dos títulos.

No acto, á parte do alumnado de Lingua portuguesa, e as representantes do Instituto Camões participaron a alumna Celia Arcos, o director do IES Félix Muriel, a Coordinadora do Camões, Filipa Soares, a responsable do CCP Camões de Vigo e a profesora do Camões no IES Félix Muriel, Anaisa Esteves.

Ao longo do acto, destacouse a importancia da aprendizaxe da lingua portuguesa tanto pola relación existente entre a lingua galega e portuguesa, como polas portas que abre de cara ao mundo a aprendizaxe dunha lingua falada por millóns de persoas en todo o mundo e oficial en países de Europa, América e África.

Cómpre felicitar a todo o alumnado que se presentou ás probas xa que acadaron o nivel B1 en todas as competencias, grazas ao seu esforzo e traballo e á implicación do profesorado de lingua portuguesa. Estes resultados animan a continuar neste camiño co fin de que o noso alumnado remate a ESO e/ou o Bacharelato co certificado B1 en portugués, o cal está recoñecido a nivel internacional.

Parabéns a todas as alumnos e alumnos.

O documental “Monte vivo” non deixa de nos dar alegrías, unha vez máis é galardoado nun certame de vídeo, neste caso a peza audiovisual vén de recibir o primeiro premio da sección Documental, na categoría 2º ciclo de ESO no eMove Festival (Festival Escolar y Universitario de las Artes Audiovisuales).

Esta actividade foi levada a cabo dentro do proxecto Monte vivo por alumnado de 4º de ESO e coordinado pola profesora Sofía Rama.

MONTE VIVO from ABA FILMS on Vimeo.

Zaire Vidal e Sonia Muñiz co doutor Martín Vidal.

Zaire Vidal e Sonia Muñiz co doutor Martín Vidal.

O persoal de sanidade é unha parte fundamental da sociedade, como quedou demostrado nesta pandemia. Hoxe imos coñecer a Martín Vidal, un médico pobrense, que destacou nos seus estudos e actualmente traballa como internista nun centro hospitalario da Coruña.

Descubrir quen se agocha detrás dunha canle de Youtube non é nada sinxelo, por iso quixemos ter a oportunidade de coñecer máis de cerca a unha moza que ademais de ser rianxeira está inmersa na creación de contido na súa canle, Galiza en pé.

Captura de Pantalla 2022-04-30 a las 12.56.37

Vídeos na canle Galiza en pé.

Hoxe nas Xornalistas do Muriel, Claudia Gómez e Sara Tubío entrevistamos a Adriana Romero.

photo_2022-04-25 08.30.38

Foto: Noelia Fernández (no centro) coas entrevistadoras, Claudia Gómez (esquerda) e Sara Tubío (dereita).

A xuventude rianxeira ven pisando forte, unha mostra disto son os galardóns que recentemente gañou unha alumna do Félix Muriel. Por unha banda poñendo voz a Rosalía e por outra cun dos seus relatos curtos. Para os que aínda non a coñecedes, hoxe entevistamos a Noelia Fernández.

Noelia na recepción de premios

Noelia Fernández (terceira pola dereita) xusto ao resto de alumnado galardoado no IES Eusebio da Garda da Coruña.

 

“Este centro é o que é hoxe polo equipo de normalización”. Sofía Rama.

 

Noelia Fernández gañadora do Rosalía sempre viva

Parabéns a Noelia Fernández quen esta fin de semana gañou o VI Certame. Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”, polo seu recitado do poema “Silencio”.

¡Silencio!

   A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
sentindo cómo loitan
en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
rompendo a vena hinchada,
i escribo…, escribo…, ¿para qué? ¡Volvede
ó máis fondo da ialma,
tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas relembranzas!
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras, e palabras!
Da idea a forma inmaculada e pura
¿dónde quedóu velada?
                            ROSALÍA DE CASTRO

A seguir, podedes ver o seu magnífico recitado.

29 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.