Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'ENL'.

WhatsApp Image 2024-03-04 at 19.30.20 3

Noelia, Antía, Uxía e Paula, ex alumnas do Ies Félix Muriel, participaron este sábado 2 de marzo, en condición de relatoras, nas Xornadas da Muller organizadas pola CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, para presentar o Glosario violeta, resultado do seu labor hai dous cursos, como integrantes do grupo feminista e do ENL do noso instituto. Orgullosas de que continúen o seu labor xa fóra do centro!

Entrevista Anxos Sumai cartel

As Xornalistas do Muriel, Claudia G. e Sonia M. visitan desta volta a Anxos Sumai na súa casa de Oeste, no veciño concello de Catoira.

O deporte é un mundo de sacrificio do que pouco coñecemos e hoxe estamos con Adrián Mosquera un piragüista rianxeiro e melladista olímpico, para coñecer un pouco máis sobre as vantaxes e desvantaxes deste deporte.

As promesas electorais, palabras baleiras ou compromisos reais?

DANI VIDAL (1º de bacharelato)

Os xuramentos electorais son unha parte moi importante de calquera campaña política. Os que demandan o poder compiten pola atención dos votantes, presentando unha serie de compromisos destinados a gañarse a súa confianza e respaldo. Con todo, co paso do tempo, as promesas electorais adquiriron a reputación de ser palabras baleiras que desaparecen unha vez que os aspirantes asumen o poder, debido a que hai ocasións nas que estas non se cumpren.

Durante unha campaña electoral, os candidatos adoitan enfrontarse a unha serie de desafíos. Buscan destacar entre a multitude e captar a atención dos votantes nun período de tempo relativamente curto. Neste escenario, as propostas electorais convértense nunha ferramenta poderosa para persuadir os electores de que o pretendente ten a capacidade e a vontade de abordar os problemas que lles preocupan. Con todo, é importante ter en conta que as circunstancias poden cambiar unha vez que asumen o cargo, o que pode dificultar o cumprimento de todas as promesas realizadas durante a campaña.

Nesta ocasión as Xornalistas do Muriel reciben no IES Félix Muriel a Helena de Alfonso e a Jose Lara Gruñeiro, ou o que é o mesmo, Barahúnda.
Da man de Claudia e Sonia coñeceremos un pouco mellor este grupo musical afianzado en Rianxo cun xeito moi seu de facer música.
Esta é unha actividade desenvolvida por membros do EDLG do IES Félix Muriel de Rianxo.

Lorenzo Rodríguez Iker (2º BAC-B)

N.E.V.E.R.M.O.R.E

O pasado sábado 18 de marzo estreouse no auditorio de Rianxo a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E ideada e creada pola compañía teatral Chévere e dramatizada e dirixida por Xron, na cal se relatan a xeito de documental os feitos sucedidos en novembro do 2002 co afundimento do Prestige e as graves consecuencias que este trouxo consigo para toda Galiza, sendo este feito ocultado e minimizado de todos os xeitos posibles ate que se fixo tan notorio que foi imposible seguir evitando o conflito.

nevermore01

Chévere.

No Ies Félix Muriel quixemos celebrar o Día Europeo das Autoras e Autores homenaxeando o escritor rianxeiro que lle dá nome ao noso centro, Rafael Dieste. Para iso, este pasado luns, xuntáronse 83 alumnas e alumnos para ler en conexión retransmitida en directo o seu libro de contos ‘Dos arquivos do trasno’. Deixámosvos aquí o primeiro dos dous vídeos onde podes ver e escoitar a lectura completa da obra. Felices lecturas! #ReadWithEurope

Traémosvos por fin unha débeda dun ano. A entrevista das Xornalistas do Muriel a Xosé Santos, o antigo director do Teatro Airiños de Asados, quen tan amablemente nos atendeu na súa casa e ao que pedimos desculpas por non tela publicado con anterioridade.
Nesta entrevista, que foi a primeira que realizou o grupo As Xornalistas do Muriel, participaron Claudia Gómez Regenjo, Sonia Muñiz Iglesias, Sara Tubío Lojo e Zaire Vázquez Ordóñez.

29 Artigos | 1  | 2  | 3  | 4  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.