Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Eduardo'.

O 5 de Marzo deste mesmo ano estreouse o undécimo álbum de estudo de Jimi Hendrix, “People, Hell & Angels”. Este novo álbum demostra o talento e creatividade deste artista, que 43 anos despois da súa morte, segue tendo cancións como para lanzar discos. 

Este novo álbum ve a luz grazas ao esforzo da súa irmá, Janie Hendrix, encargada da produción do disco. O álbum posúe 12 temas gravados entre os anos 1968 e 1967, interpretados por un Hendrix con ansias por experimentar con novos sons.

Despois de 45 anos e máis de 300 millóns de discos vendidos, Led Zeppelin segue sendo a banda sonora de moitas historias, a inspiración para miles de músicos e a banda de rock máis importante dos anos 70 para moitas persoas.

 

Non é difícil entender o porqué do seu éxito se coñecemos a historia de Led Zeppelin, pois esta banda formárona catro músicos de sesión que, cansos de interpretar partituras, deixaron voar a súa imaxinación para facer as obras mestras polas que hoxe son coñecidos.

Este ano 2012 cúmprense 45 anos do lanzamento dun dos máis grandes e polémicos álbums xamais creados, The Doors, da banda do mesmo nome.

The Doors é o primeiro álbum de estudo da banda homónima, que moitos consideran como un dos mellores discos de debut de todos os tempos. Foi o primeiro álbum lanzado en Estados Unidos no que algunha das súas cancións fosen censuradas por tratar de forma explícita temas como as drogas.

Este ano 2012 cúmprense 45 anos do lanzamento dun dos máis grandes e polémicos álbums xamais creados, The Doors, da banda do mesmo nome. The Doors é o primeiro álbum de estudo da banda homónima, que moitos consideran como un dos maiores álbums de debut de todos os tempos. Foi o primeiro álbum lanzado en Estados Unidos no que algunha das súas cancións fosen censuradas por tratar de forma explícita temas como as drogas. Con este álbum os Doors conseguiron facerse un nome dentro do rock e converterse na banda máis importante do rock psicodélico. Agora toca escoitalos. Como agasallo especial deixo un dos seus temazos coa traducción ao galego: http://www.youtube.com/watch?v=DKbPUzhWeeI Riders on the storm: Riders on the storm Riders on the storm Into this house We´re born Into this world We´re thrown Like a dog without a bone An actor out a loan Riders on the storm There’s a killer on the road His brain squirriming like a toad Take a long holiday Let your children’s play If ya give this man a raid Sweet family will die Killer on the road, yeah Girl ya gotta love your men Take him by the hand Make him understand The world in your depends Our life will never end Gotta love your man, yeah Rider on the storm Riders on the storm Riders on the storm Into this house We´re born Into this world We´re thrown Like a dog without a bone An actor out a loan Riders on the storm Riders on the storm Into this house We´re born Into this world We´re thrown Like a dog without a bone An actor out a loan Xinetes na tormenta: Xinetes na tormenta Xinetes na tormenta Nesta casa nacemos A este mundo fomos arroxados Como un can sen o seu óso Como un actor actuando só Xinetes na tormenta Hai un asasino na estrada O seu cerebro retórcese coma un sapo Toma unhas largas vacacións Deixa que os teus fillos xoguen Se fas unha viaxe con ese home A dulce familia morrerá Asasino na estrada, si Nena, tes que amar ao teu home Tómao da man Faille comprender O mundo de ti depende A nosa larga vida nunca acabará Tes que amar ao teu home, si ,Xinetes na tormenta Xinetes na tormenta Xinetes na tormenta Nesta casa nacemos A este mundo fomos arroxados Como un can sen o seu óso Como un actor actuando só Xinetes na tormenta Xinetes na tormenta Nesta casa nacemos A este mundo fomos arroxados Como un can sen o seu óso Como un actor actuando só.

4 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.