O bretón
Na actualidade fálase na Bretaña francesa baixo a forma de varios dialectos; case todos os seus falantes son ademais francófonos. Apareceu entre os séculos IV e VI cando os galeses e os córnicos emigraron a outras terras para escapar das invasións doutros pobos. Distínguese do galés e do córnico ou lingua de Cornualles polas súas nasalizacións e os seus préstamos que proveñen do francés. O período de maior esplendor corresponde á metade do século XVII cando se escribiron varias gramáticas e xurdiu un gran conxunto de obras narrativas, teatro, lendas e baladas. Durante a década de 1950 estudouse moito. Hai dez anos estimábase cerca dun millón o número de falantes desta lingua, aínda que agora se cre que só existen a metade deles.
San Cibrao, no concello de Cervo ten un Museo especial. É único, cunha exposición ampla e de gran diversidade, tamén organiza unha densa programación de actividades, para dar a coñecer fundamentalmente a vinculación histórica do pobo galego e o mar.
No entanto, o que fai diferente a este Museo, é que nace dunha fermosa historia.
Don Francisco Rivera Casas, mestre de San Cibrao, comezou hai corenta anos, coa colaboración dos seus alumnos a recoller todo aquilo que o mar lle entregaba e consideraba relevante.
No pasado mes de outubro, o legado deste mestre celebra aniversario, catro décadas nas que a súa obra foi recoñecida e visitada por numerosas persoas.
John Joseph Vesely formou Secondhand Serenade na súa vila natal Menlo Park en California, EUA, no 2004. É un guitarrista solista que fai rock acústico.
Vesely comezou a escribir cancións cando coñeceu a súa actual muller Candince Vesely. Ela quería que el lle tocase, e colleu a guitarra acústica, aí foi cando atopou o seu destino.
O nome de Secondhand Serenade é unha referencia á maneira en que as súas cancións son serenatas á súa muller, coa que ten dous fillos pequenos.
Lanzou 2 álbums, o 1º Awake no 2005 e A Twist in my Story no 2008. No 2º disco utilizou unha banda completa para facer un son máis traballado. O lanzamento do seu segundo álbum foi o 5 de febreiro do 2008, e contiña cancións do seu antigo álbum awake, pero producidas con banda sonora en vivo. O seu primeiro single foi “Fall for You” que fai referencia ao divorcio da súa muller Candice no 2008
John Vesely está traballando no seu novo álbum, que se lanzará entre xaneiro e febreiro.
Podedes probar a escoitar… http://www.youtube.com/watch?v=gvyqVxCTp7o
Espero que vos gustase a presentación. Probade a escoitalo!!
O noso compañeiro, X.M. Lobato, profe de matemáticas, escribiu un artigo para o diario Galicia Hoxe, publicado na sección Lucerna da Portela, baixo o título Senlleiro ollo de vidro .
Fala da manifestación do domingo pasado, de cómo el a esculcou co seu ollo, que non é de vidro. Fala do noso Castelao e fainos reflexionar.
Pedímoslle permiso para colgalo na nosa revista e que así o poidades ler máis facilmente.
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES “Félix Muriel” de Rianxo, tras ter recibido información indicando de que ata o vindeiro ano non van ser convocadas axudas para as actividades dos equipos, envía unha carta ao conselleiro de Educación, transmitindo as súas inquietudes a este respecto.
Que son, ou mellor dito, que é a Worldskills? Este substantivo composto tradúcese como “habilidades” ou “destrezas” do “mundo”. De feito, esta é unha organización internacional que busca xente nova para competir naquilo que están estudando ou que se lles dá moi ben. Co fin de conseguilo, organiza competencias tanto a nivel nacional como mundial.
Os días 20 a 24 de abril deste ano tivo lugar a trinta e dúas edición das Olimpíadas de Formación Profesional en Madrid, promovidas pola Worldskills. O Ministerio de Educación, en colaboración coas CCAA, tamén impulsou a entrada de España en Worldskills e organizou este evento nacional.
As especialidades de competición son moi variadas: mecatrónica, carrocería, deseño web, instalacións eléctricas, control industrial, ebanistería, carpintería, perruquería, estética, tecnoloxía da moda, cociña, servizos de restaurante e bar, pintura de automóbil, soporte de rede, fontanería-calefactor, vehículos industriais, confección e moda e coidados auxiliares de enfermería.
Foron dezaoito os participantes galegos que competiron en trece das actividades. Os resultados foron espectaculares, pois gañaron medallas en seis destas materias:
-OURO: Sabela Garrido Comesaña (IES de Teis, Vigo)/PERRUQUERÍA.
Alba Pardo Fernández e Mª del Carmen Aldereguía Prado (IES Marqués de Suazes)/VEHÍCULOS INDUSTRIAIS.
Irene Márquez Fernández (IES Paseo da Pontes, A Coruña)/TECNOLOXÍA DA MODA.
-PRATA: Sara Suevia Barral Naviera (IES Paseo das Pontes, A Coruña)/TECNOLOXÍA DA MODA.
-BRONCE: Carlos Serramito Calvo (IES San Clemente, Santiago)/DESEÑO WEB.
Sandra Rey Novo (IES Paseo das Pontes, A Coruña)/ TECNOLOXÍA
DA MODA.
Os galegos que conseguiron as medallas de ouro, xunto co resto de españois que resultaron gañadores noutras disciplinas, forman o equipo Spainkills. Este grupo representou a España na competición internacional que tivo lugar en Calgary (Canadá) durante a semana do 1 do pasado mes de setembro. Dita competición conta con cincuenta e dous países asociados. Aínda así, os resultados acadados polos nosos compatriotas tampouco estiveron nada mal: Sabela Garrido quedou no posto dezaseis na modalidade de perruquería e Irene Márquez, pola súa banda, situouse no posto número doce na rama de Tecnoloxía da Moda.
Os nosos compañeiros non estaban sós, pois, ademais doutras moitas persoas, o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, visitou o campionato interesándose polos participantes e expertos da nosa comunidade.
Os subcampións da competición española, pola súa parte, formarán o equipo representativo da península na competición europea que terá lugar en Lisboa (Portugal) no 2010.
Amais destes campionatos, en España celebrouse tamén a Mostra de Formación Profesional, onde Galiza participou con postos na modalidade de Actividades Marítimas e Pesqueiras, e no institucional da Consellería de Educación e Ordenación Universal.
Dende aquí dámoslles moitos ánimos aos nosos Spainkills e parabéns por chegar a onde chegaron.