Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Administrador'.

Vou falar do libro “O bosque dos raposos aforcados” de Arto Paasilinna

 

Arto Paasilinna (nado en Kittilä o 20 de abril de 1942) é un escritor e ex periodista finlandés, autor en finés de trinta e cinco novelas entre as que destaca “O bosque dos raposos aforcados”.O seu libro máis exitoso, Jäniksen vuosi (1975, tr. O ano da lebre, 1998) traduciuse a dezaoito linguas e conta con dúas versións cinematográficas.

Con motivo do ano xacobeo, o papa Benedicto XVI visitou España, concretamente Santiago e Barcelona. A visita a Galicia custou arredor de tres millóns de euros, motivo polo cal existiu un forte debate económico sobre se esta visita debía levarse a cabo. Os actos nas dúas cidades acolleron menos xente da que os organizadores do evento esperaban. A Súa Santidade foi recibido por algúns dos políticos máis coñecidos, como Xosé Blanco e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. Durante a súa viaxe a Santiago, no avión o Papa denunciou o “laicismo agresivo” que existe en España, parecido ó dos anos 30. Á súa chegada a Santiago Benedicto XVII atopouse con pancartas de apoio á Igrexa e tamén en contra dalgunhas das situacións vividas recentemente pola institución, como os abusos a menores ou a historia do presente Papa. En Barcelona tamén se deron algúns altercados violentos e a xente está dividida respecto a se esta visita recuperará o que custou.

 

O pasado venres, día 28 de maio, o alumnado do Equipo de Normalización e Dinamiazación Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo recibimos a visita de rapaces e rapazas da súa mesma idade dun instituto do Morrazo: o IES Rodeira de Cangas. A actividade consistiu en que o alumnado dos dous centros realizasen unha xornada de convivencia empregando a lingua galega, lingua habitual do alumnado rianxeiro pero non do cangués.
Sobre as 10 da mañá, o alumnado de Cangas chegaba ao IES rianxeiro onde foi recibido no salón de actos, onde os membros do ENDL lles presentaron as actividades do equipo, explicaron as características máis destacadas do seu concello e mais o itinerario da xornada de convivencia.

O ENDL do IES “Félix Muriel” de Rianxo presentamos, o día 31 de maio, os materiais elaborados dentro do proxecto «No meu mar, na miña lingua». Viñeron os medios de comunicación e recolleron a noticia do acto. Case preferimos poñer palabras das que eles recolleron nas súas edicións impresas para que non pareza que nos loubamos en exceso.

O día 20 de Maio, ás once horas, no instituto CPI EUEBIO LORENZO BALEIRÓN de DODRO Xurxo Souto recibiu o décimo primeiro premio LEIXAPRÉN.

Que é o Premio Leixaprén?: Desde o ano 1999, a Coordinadora Leixaprén, formada por un conxunto de Equipos de Normalización Lingüística de centros educativos públicos de Educación Secundaria situados nos concellos de Dodro, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son, Rianxo e Rois, vén cncedendo anualmente un galardón que pretende recoñecer o traballos de persoas, colectivos ou institucións que se distinguen pola defensa e promoción da lingua galega.
O Premio Leixaprén simbolízase na entrega á persoa ou entidade premiadas dunha copa realizada polo oleiro Manuel Caamaño, acompañada dun pergamino acreditativo da concesión do mesmo; o acto de entrega constitúe, cada ano, unha festa que celebra o compromiso colectivo con noso idioma.

Quen é o premiado deste ano?
Xurxo Souto é un artista galego, polifacético e multidisciplinar: cantante, acordeonista, escritor, locutor, ocasionalmente actor, e con formación académica no ámbito da filoloxía clásica.
O curso pasado tivemos a honra de que viñese ao noso centro, acordádesvos? Mirade a crónica da súa actuación na revista Bico da ría!

Xurxo fíxose moi popular como líder e vocalista da banda de rock “Os Diplomáticos de Monte-Alto”, entre os anos 1990 e 2001; destaca tamén por se un gran difusor da música galega contemporánea, desde unha perspectiva integradora de diversas tendencias e estilos. Tempouco debe esquecerse o seu oficio como escritor, nunha narrativa arroutada de cerna popular e tabernaria. Ademais de ter cinco libros publicados, colabora con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Dentro do proxecto Abrindo portas en galego, desenvolto polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDL), organizamos múltiples actividades, e unha delas afecta aos empresarios da hostalerí­a de Rianxo.

Desde o ENDL ofrecémoslle a tradución ao galego, castelán, inglés, francés e portugués dun determinado número de produtos elaborados nas súas cociñas.

Esta edición do Correlingua estivo ameazada pola chuvia motivo polo que os rapaces de primaria non asistiron ó evento. Primeiro saímos do instituto cara á vila, portando unhas pancartas en defensa do galego. Ó chegar á praza, comezou a chover enerxicamente. Afortunadamente escampou e a carreira puido iniciarse sen demasiados problemas ainda que se mudo o programa orixinal. Houbo alumnos que foron por atallos, e moitos dos que probaban algún novo atopábanse cun camiño sen saída. Ao final de cada carreira repartíronse chapas entre os participantes, xunto cuns pósters co manifesto que foi lido a continuación que era igual ao que se lía nas diferentes cidades e localidades. Lérono de forma case improvisada 3 alumnos do noso IES, porque estaba preparado para que o leran rapaces de primaria, que non puideron vir.

O venres, 9 de abril de 2010, ás 12,30h. comezou a charla de Socorro Castro, profesora de Química Inorgánica da Universidade da Coruña que falou de motores de hidróxeno. Explicou como se discurriron os primeiros motores e como foi durante os últimos anos o seu uso experimental. Tamén nos trouxo un coche de xoguete para que vísemos como funcionaba un coche cun motor de hidróxeno.

151 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  |   | 19  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.